Melopea de esposos e amantes

pound1Fidel Vidal. Da lenda “Deus é Amor” o que menos lle importa a Deus é o amor; seica está máis interesado na súa demostración. Porque non abonda con amalo, antes hai que pasar polo aro dos sacrificios para confirmalo. E dicirllo, dicirllo constan-temente, día tras día, hora tras hora, mediante cerimonias e oracións. O suposto achegamento a través da palabra, rezo tras rezo, e da palabra feita carne. Velaquí o corpo erótico. Eros é amor. Amor corporal se pretende ser espiritual. O erotismo sagrado da experiencia mística ansía unicamente que nada perturbe o suxeito. O ser amado corresponde, sen dúbida e só para o amante, á verdade do ser.

“Deus abandona a vida para habitar o dominio eterno da morte. Distanciado xa para sempre dos ceos do tempo, deixa de ser o seu eixo, converténdose nunha presenza ausente, que agarda”(John Berger, E os nosos rostros, a miña vida, breves como fotos). Bataille fala do erotismo dos corpos, do erotismo dos corazóns e do erotismo sagrado. O erotismo sagrado en Occidente confúndese coa busca. “Exactamente co amor a Deus; pola contra, Oriente segue unha busca similar sen necesidade de pór en xogo a representación dun Deus.”

Perdóanos se, cando nos días do devalo,/ furtivamente a Ti nos achegamos,/ co namoramento fuxindo do solpor,/ da paz e do voo e da ametista,/ e do que a Noite nos pode outorgar. (Emily Dickinson)

Cando a busca non acerta co obxectivo, é que o obxectivo está naquel que busca: vai con el. Non hai outro amor que o amor humano. Nas súas máis altas manifestacións contén o cualificativo de divino. Divino sempre humano na expresión verbal ao dicilo: o poema. Os poemas “non significan máis que amor, embriaguez de amor, e os seus termos afírmanse sen cesar humanos” (Jorge Guillén). A vertixe da unión amorosa. A unión de Madeleine con André Gide nunca lle inspirou outra cousa que “terror moral” e incluso, no curso do seu “difícil noivado”, ela escribiu: “Non teño medo da morte mais teño medo do matrimonio.”

poundEzra Pound distinguía tres xéneros poéticos: a melopea, a fanopea e a logopea. O primeiro contén algunha propiedade musical que dirixe, como en Paul Valéry, a tendencia significativa das palabras. O segundo xénero consiste na proxección imaxinativa de base visual. O terceiro, a logopea, abarca precisamente a distancia crítica dos signos e atende ao contexto, ao horizonte de expectativas que rodean as palabras e proxéctaas na súa constelación discursiva: a “danza do intelecto”. Na melopea –precisa Ezra Pound (A arte da poética)-, como arte de producir melodías e canto, estamos a asistir tamén á danza da embriaguez. Pound acerta ao nos amosar o xénero poético da música, da danza e da ebriedade, mesmo da éxtase, a ras do chan.

Cada lector entrará na poesía como queira e lle conveña. “Os ditos de amor é mellor declaralos na súa anchura”. “Todas as visións, revelacións e sentimentos do ceo… non valen tanto coma o máis cativo acto de humildade.” (San Juan de la Cruz)

 

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Fidel Vidal, Poesía. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Melopea de esposos e amantes

  1. Querido Fidel,
    Me llama la atención cómo inicias esta entrada y es sobre ella que me permito reflexionar aquí. Es tajante y, aparentemente, dura. Remite al eterno problema de la teodicea según el que Dios no sería bueno, no sería amoroso, no le importaría, como señalas, el amor humano, aunque pretendidamente lo exigiera.
    ¿Qué quiere Dios de nosotros? Eso depende de lo que Dios sea para nosotros, lo que abarca un amplio campo, con el ateísmo en un extremo en el que ya todo está dicho, y con variantes que van desde toda una variada construcción teológica histórica, que fue como fue y en donde fue, hasta una mística y una teología negativa, apofática, en el otro extremo. Y se dice que los extremos se tocan o tienden a hacerlo.
    Hay algo muy interesante a lo que te refieres: el aspecto sacrificial. Si el sacrificio por otros puede ser bueno y sensato, no es menos cierto que ha habido una buena dosis de sado-masoquismo influido por lo religioso en Occidente. En nacional-catolicismo que padecimos en España no fue, precisamente, bondadoso.
    Otra cuestión, que iría relacionada con ese apetito divino un tanto inhumano, sería esa necesidad de oración constante, de la que el mejor ejemplo sería la tradición de la “oración de Jesús” hesicasta, ortodoxa, mostrada tan bien en el “Relato de un peregrino ruso”. Claro que esto nos relaciona con otras tradiciones orientales que hacen de la repetición un medio de concentración. El rosario sería un buen ejemplo occidental y no es descartable cierto efecto terapéutico en su recitación, como en el caso de un mantra.
    La relación con lo sagrado es bien distinta en Oriente y Occidente, pero hay importantes nexos de unión. Creo que un autor que ha sabido analizar certeramente esto es François Cheng, quien parte de dos reconocimientos obvios, el de la belleza y el del mal, para su reflexión, más poética que filosófica y, por ello, más sabia.

    • Fidel Vidal di:

      Dá gusto ler a túa aportación, amigo Javier, en especial polo que aprendemos. Polo que aprendo, como as palabras “apofática” ou “hesicasta”. Seica teñen algo que ver coa negación e coa pedra (sentados como unha pedra, mesmo as pedras que crecen, e das que tanto gustan os nosos e as nosas compañeiras de Café).
      A miña deformación profesional lévame a relacionar os ritos relixiosos coma os rezos (número de “avemarías”, etc.) coas condutas obsesivas (número de veces que se lavan a mans, etc.), unhas no ámbito social e outras no particular, dúas maneiras de paliar a angustia. A angustia que leva a crear o ritual como defensa, e a matematizar (contando cun número exacto de repeticións), para dar así fin a determinadas condutas que, doutro xeito, non acabarían.
      Resultoume unha moi agradable sorpresa a cita de François Cheng. Lembro ter lido, coido que publicado por Siruela, “Vacío y plenitud”, unha profunda e amena reflexión sobre a pintura, e o “baleiro” onde respirar. Esta referencia túa lévame de novo a volver a lelo: unha reflexión “más poética que filosófica y, por ello, más sabia”.
      Moitas grazas, Javier, e saudiña sen exceso de cerimonias.

  2. Magdalena di:

    ” Cando a busca non acerta co obxetivo, é que o obxetivo está naquel que busca: vai con el”. ¡Interesante frase ! A veces para expresar los más profundos pensamientos se necesitan muy pocas palabras.
    Un besiño, Fidel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>