Arquivo da categoría: Ensaio

Cántico espiritual: o obxecto do desexo

canticoFidel Vidal. Se o Cantar dos Cantares –di J. L. Aranguren- é un poema sobrecargado de sensualidade, o Cántico é profundamente erótico. Nel o “argumento”, a “acción”, consiste na “consumación da unión amorosa enteiramente narrada”. Para Francisco Rico o Cántico significa a mellor síntese da doutrina mística que segue o itinerario cara á unión (amorosa e mística) desde os seus comezos (Subida-Noche) até o seu final (Llama), onde a amada (alma) atopa ao amado (Deus) nun marco natural e apracible.

Mi Amado, las montañas,/ los valles solitarios nemorosos,/ las ínsulas extrañas,/ los ríos sonoros,/ el silbo de los aires amorosos. Seguir lendo Cántico espiritual: o obxecto do desexo →

O plano, para entender a cidade

Fotoplano correspondente á cidade de Santiago de Compostela
Fotoplano correspondente á cidade de Santiago de Compostela

Pedro García Vidal. A miña primeira visión dunha cidade é sempre a través do seu plano. Alí, sobre o papel, unha combinación de superficies libres e construídas ofrece a pegada impresa do proceso de apropiación humana dese lugar. O perdurable do plano é o que fai del un elemento imprescindible para comprender unha cidade. Seguir lendo O plano, para entender a cidade →

De ratos e homes

lumeAntón Riveiro Coello. Maio foi de Carlos Casares. O outro día, na presentación dun libro arredor del, ficamos ás escuras en Xinzo e, baixo a luz dunha lanterna que inspiraba un lume de lareira, todo transcorreu dun xeito máis espontáneo. Alí, Xavier Casares contou anécdotas memorables e falamos do medo aos ratos do seu pai, que tiña sona de valente. Seguir lendo De ratos e homes →

Un facendista de Porto do Son

pastor2Pastor Rodríguez. Foi Clodio González Pérez quen deu noticia e estudou a figura de Román Rosendo Martínez Blanco, nado en Porto do Son o 29 de febreiro de 1776, e coñecido como Román Martínez de Montaos, quen foi figura de importancia nas Cortes de Cádiz que darán orixe á Constitución liberal de 1812. Estudara cos franciscanos de Santo Antonio do Xobre, n’A Pobra do Caramiñal e logo na universidade de Compostela cando contaba con 22 anos. En 1805 ingresa na administración pública e, nese ano, redacta a obra Memoria sobre las minas de oro, plata, estaño, cobre y plomo, mentres que de 1809 data o manuscrito Extracto del Ensayo Político acomodado a la actual situación de España. Seguir lendo Un facendista de Porto do Son →