Un facendista de Porto do Son

pastor2Pastor Rodríguez. Foi Clodio González Pérez quen deu noticia e estudou a figura de Román Rosendo Martínez Blanco, nado en Porto do Son o 29 de febreiro de 1776, e coñecido como Román Martínez de Montaos, quen foi figura de importancia nas Cortes de Cádiz que darán orixe á Constitución liberal de 1812. Estudara cos franciscanos de Santo Antonio do Xobre, n’A Pobra do Caramiñal e logo na universidade de Compostela cando contaba con 22 anos. En 1805 ingresa na administración pública e, nese ano, redacta a obra Memoria sobre las minas de oro, plata, estaño, cobre y plomo, mentres que de 1809 data o manuscrito Extracto del Ensayo Político acomodado a la actual situación de España. Ascende en 1810 e en 1813 publica Incompatibilidades de la Constitución española con el sistema de contribuciones indirectas que rigena cidade de Cádiz. En 1814 noméano Contador do Crédito Público, que exercerá en Burgo ata 1823, pero antes editará o folleto Tratado de la circulación artificial de la moneda por medio de un crédito público verdadero(Madrid, 1820). A partir de 1840 vive en Vigo, e en 1841 logra ser deputado, sendo presidente do Congreso interino por ser o de maior idade. En 1851 Isabel II concédelle a Cruz da Real Orde de Carlos III, e falece en Vigo o 23 de febreiro de 1856. A súa figura foi ben estudada por Fernando López Castellano e Clodio González Pérez, quen publican en Noia en 2006 a obra Ramón Martínez de Montaos, un facendista galego do século XIX. O seu pensamento económico é o propio dun burgués liberal que defende a propiedade ilimitada e, algo menos corrente no seu tempo, a liberdade de comercio exterior.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *