Mascotas artificiais

mascotaX. Ricardo Losada. Traballando en clase o tema da intelixencia artificial, dígolles aos alumnos que moitos expertos consideran que no futuro a maioría das mascotas serán robóticas pois teñen moitas vantaxes. Un can robótico, por exemplo, non defeca, non come nin se mancha, non deixa pelos no sofá, non rompe as cousas, non ataca os donos nin os veciños, ladra só cando debe ladrar, pode vivir nun piso sen coller neuras, é inmortal e non ten que ir ao veterinario. E aínda máis. É empático e expresivo, ri e chora, conta chistes e dá consellos e, no futuro, moverase coa mesma soltura que os cans naturais. É tan así que moitos vellos xaponeses abandonados polos fillos naturais xa conviven felizmente na actualidade con mascotas robóticas.

Estou seguro que a maioría de vós pensaredes que eses vellos xaponeses subliman o odio aos familiares por amor a unhas mascotas robóticas que, nun país como Xapón, punteiro en intelixencia artificial, están moi ben vistas. Non creredes que a relación con esas mascotas poida ser a mesma que se mantén cun familiar nin que chegue a selo nunca. Entre os humanos e os robots, pensaredes, hai unha discontinuidade insalvable. Sorprendeume comprobar que tamén é o que pensan os meus alumnos. sinmóbilAgardaba que, por seren nativos dixitais, terían unha mentalidade máis aberta para este tipo de cousas, pero son bastante máis apocalípticos (parécelles inhumano) do que podo selo eu.

Cando reaccionan así, cóntolles algo que me pasou como xefe de estudos nun instituto de Boiro. Comuniqueille a un alumno que lle tiña que requisar dous días o móbil porque o usara en clase repetidamente sen permiso do profesor e, sen pensalo, cun impulso súbito e esgazado, ese alumno díxome: “Prefiro que me saques o brazo”. Á marxe da esaxeración, dígolles aos alumnos, no caso de que tivésedes un can e un móbil, a cal renunciariades antes? Dous ou tres alumnos responden de inmediato que preferirían o can, pero a maioría mantense en silencio, experimentando por primeira vez a estraña e quizais inhumana sensación de amar apaixonadamente unha mascota robótica. 

3 comentarios en “Mascotas artificiais

  1. Juan Pablo II siempre tuvo mucha imaginación. ¿ Dijo también, cuanto pesaba el alma de los perros ? La nuestra según los científicos pesa 11 gramos, que son los que perdemos al morir, porque al fenecer, no sé por qué orificio se nos escapa y va a uno de los infiernos de Dante, al cielo de los justos, o al purgatorio en busca de la catarsis.
    Y ahora en serio. Cuándo veas a un perro, mírale con cariño, son muy suspicaces. Ya verás como no volverán a asustarte.
    Un biquiño profesor.

  2. A min nunca me gustaron moito os cans, aínda que tivemos varios na casa de meus pais (sempre palleiros) e acabei colléndolles cariño. Teño varias experiencias negativas con eles. Algúns (deses que os donos din que non fan nada) mordéronme, e moitos ladrábanme cando ía correr polos camiños e pistas de Rianxo. Mesmo na praia. O que máis me irritaba era un pastor alemán do Pazo que só saía a ladrarme (dándome a veces un susto de morte) cando non chovía. Caralliño co instinto de gardián… Que fino lle saíra…
    En fin. Sinto non poder exhibir sensibilidade canina, pero, de todos xeitos, para non parecer un especista, direi o nome dos cans que tivemos na casa, pois a eles si lles gardo un especial cariño: Bandido, Jefri e Jaki. Cando Xoán Paulo II dixo que os cans tiñan alma e ían ao paraíso, aledeime moito por eles.
    Apertas rianxeiras

  3. Querido profesor:
    Casualidades de la vida. Justo hoy, a las once y pico de la mañana recibí la visita ( con previo aviso por mi parte ) del veterinario. Vino a vacunarme a los tres perros que tenemos. Como son de tamaño considerable, prefiero que venga él a casa, que transportar a toda la jauría. Tres vacunas completas, ( antirrábica incluida ) tres pipetas para desparasitarlos exteriormente y unas pastillas para los parásitos intestinales.
    Cada diez días se tragan un saco de veinte kilos de pienso. Cada mañana me paso media hora con la manguera en ristre limpiando el lugar destinado a su retrete particular. Donde hay césped o tierra escarban para buscar topos. En las noches de plenilunio nos levantamos varias veces, porque no sé si le ladran a Selene al verla tan hermosa y brillante o, si lo hacen por otro motivo, de lo que sí, doy fe, es que ocurre siempre cuando hay luna llena. ¿ Dónde se compran esos canes autómatas ?
    Dile a esos tres alumnos, ( los que alzaron el brazo ) que yo se los regalo, incluso van con nombre incluido, Uno se llama Odín, el otro Niva, y la chica, Pipa. ¡¡ AH !! y Pipa está castrada y con su correspondiente chip.
    Espero que la directiva de Café Barbantia no me cobre por derecho propagandístico. La culpa la tiene Losada por dar pie, a que una se explaye.
    Besiños palmeiráns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *