Gonzalo Trasbach. E que se pode dicir da aptitude da chamada vangarda británica no momento da irrupción do “Ulysses” no escenario literario dende 1922 ata 1939? A pregunta é pertinente, polo menos, dende o punto de vista da historia da creación literaria daquela época. Lembremos que no ano da aparición desta obra de Joyce, os considerados integrantes do denominado movemento modernista tiñan unhas certas concomitancias moi semellantes coa escritura joyceana. Ademais, Joyce, pese aos esforzos de Ezra Pound, non entrou ou non foi considerado con valor suficiente coma para figurar na antoloxía dos Imagistas, nin tampouco foi admitido na relación de integrantes do Movemento Vorticista, artillado ao redor da revista Blast. Seguir lendo Joyce (III), a aptitude da vangarda británica
Arquivo da categoría: Ensaio
Joyce (II), o porco espiño dos escritores?
Gonzalo Trasbach. Dende hai 113 singraduras, o 16 de xuño é coñecido coma Bloomsday. O día da epopea que inmortalizou ao don ninguén, ao insignificante Bloom. Pero que á vez é a xornada na que Joyce se namorou de Nora Barnacle, cando paseaba con ela pola praia nas proximidades de Sandycove e a Torre Martelo antes de exiliarse no continente. Seguir lendo Joyce (II), o porco espiño dos escritores?
Joyce (I), maldito ou sedutor?
Gonzalo Trasbach. Febreiro é o mes máis curto. Pero ten días luminosos: o 2 de 1882 naceu James Joyce en Dublín. Nesa data é a Candelaria e casan os paxaros. Aínda que tamén os ten inhóspitos e ariscos coma a terra xeada: o 11 de 1963 Sylvia Plath tirou a vida nun Londres nevado. O 6 do 2017 fixo 68 anos que miña mai me pariu en San Martiño. Boiro (A Coruña). Acabo de culminar o meu traballo na viña de Lara e penso en curiosas coincidencias: o 16 de xuño do 1956, Plath contraeu matrimonio con Ted Huges. Elixiu ese día para que coincidira co que James Joyce situou a acción do seu Ulysses. Seguir lendo Joyce (I), maldito ou sedutor?
Dúas pedras
Antón Riveiro Coello. Vinte anos despois de que Casares visitase diversos centros galegos en Suíza para dar unhas conferen-cias sobre Ánxel Fole, eu fixen a mesma viaxe precisamente para falar de Carlos. Foi emocionante pasar por onde el estivo, tratar con xente que o escoitou, asinar nos mesmos libros de visitas ou ser acollido cunha xene-rosidade familiar pola mesma persoa, Quique Nogueiras, un limiao ben informado Seguir lendo Dúas pedras