X. Ricardo Losada. Escribimos, dixo alguén, para saber o que non sabemos que sabemos. É a impresión que teño agora mesmo, luns pola mañá, ao pórme a escribir este texto tras unha viaxe de fin de semana á Fonsagrada. Hai algo que non sei que sei sobre esa viaxe, e quero saber que é. Porque, quizais, quen sabe, nesa ignorancia íntima e fértil estea a clave que me permita entender por que na viaxe de volta, algo máis de dúas horas e media, estiven dominado por unha radiación de fondo de felicidade moi intensa e que, por moito que o intentei, non conseguín descifrar de onde viña. Seguir lendo O inconsciente é un océano de néboa
Arquivo da categoría: Ensaio
A curta vida do bergantín-goleta “Puerto del Son”
Manuel Mariño del Río. Ao redor do ano 1920 varios industriais e armadores sonenses formaron sociedades para a construción de embarcacións a motor ou máquinas de vapor, coñecidas como “motoras”, dedicadas á pesca da sardiña. Así mesmo, os carpinteiros de ribeira seguían construíndo dornas, lanchas bucetas, etc. que durante anos deron vida á dársena sonense. Seguir lendo A curta vida do bergantín-goleta “Puerto del Son”
A Igrexa Evanxélica Ebenezer
Ezequiel Lago Mallo e Francisco Mallo Area. No termo municipal de Santa Uxía de Ribeira, concretamente na actual parroquia de Castiñeiras, encóntrase edificada dende hai máis dun século a Igrexa Evanxélica Ebenezer. Hai que ter presente que no pasado a parroquia de Castiñeiras non existía como tal Seguir lendo A Igrexa Evanxélica Ebenezer
Faiado con vistas -minifundio-.
Marina Losada Vicente. Alba pediu que o cabodano de Xolo se celebrase en sábado. Ninguén a esperaba Se aínda fora no enterro! Certo que daquela estabamos pechados pola pandemia, pero vir desde Lleida por un tío que nin sequera tivo a ben testar! Non é fácil ser o transmisor dunha herdanza. A min, que xestionei os tributos, fíxome falta escoitar a Alba para entender os motivos do causante. Seguir lendo Faiado con vistas -minifundio-.