Antón Rodríguez Gallardo. En abril de 1937, nove meses despois do golpe de Estado contra a República, Boiro seguía a vivir baixoo réxime de terror implantado pola xunta militar encabezada polo xeneral Franco. Había apenas medio ano que o mestre andaluz e concelleiro de Unión Republicana, José Caballero Seguir lendo A infausta morte de Cándido Castillo, O Pichón d’A Ponte
Arquivo da categoría: Ensaio
Do azar na arte
Fidel Vidal. Un coup de dés jamais n’abolira le hasard (Mallarmé). Nun chimpo atopamos o concepto de arte enfrontado ao de estética, na liña de Tàpies (A arte contra a estética) onde o ser humano é quen de se liberar de canons tradicionais e de vellas debilidades, como confundir arte con beleza, e ir máis alá do fermoso, do adorno, do decorativo. “Sen creación -afirma Winnicott- non hai máis que supervivencia”. De aí que xurdan novas experiencias, véxase surrealismo, arte povera, da-da, brut arte. Unha aposta pola a expresión da liberdade sen barreiras. Seguir lendo Do azar na arte
O embruxo vén do outro lado do Ulla
Gonzalo Trasbach. “Embruxo” é o segundo álbum do proxecto musical bautizado como Baiuca (establecemento de servir bebidas, xeralmente de carácter modesto e popular. Taberna, tasca. Segundo di o Dicionario da Academia Galega) de Alejandro Guillán (Catoira, 1990), que se estreara na escena nacional co formidable “Solpor”. Neste novo traballo a música tradicional galega e celta vese transfigurada a golpe de sintetizadores, de elementos electrónicos, xerando unha atmosfera sónica que embruxa a quen se quere deixar embruxar, sobre todo. Seguir lendo O embruxo vén do outro lado do Ulla
A voz da escola
X. Ricardo Losada. En canto tocou o timbre, Sarela recolleu a mesa e meteu todo na mochila. Un dos rotuladores caeulle ao chan e, a pesar de que non tardou moito en recollelo e colocalo nun peto interior do abrigo, cando enfilou a porta xa non había ningún compañeiro na aula. Como vivía a 200 metros do instituto, foi andando soa para a casa mentres vía unha longa ringleira de autobuses afastarse rúa abaixo cara aos diferentes e variados destinos dos seus compañeiros. Entón recordou algo que lle dixera o profesor de Ética uns días antes: Pensade no momento en que chegades á casa e metedes a chave na porta ou chamades ao timbre, que sentides? Que entrades nun lugar ao que estades desexando chegar ou que prefeririades ir a outro sitio? Seguir lendo A voz da escola