Arquivo da categoría: Ensaio

O home dos libros

pexels-photo-4996868Óscar Reboiras. Levo parte do verán coa idea de escribir sobre el. Como do estío quedan máis ben as sobras e ademais, veño de ler O infinito nun xunco, creo que é o momento perfecto para presentárvolo. Cada tarde, se o tempo acompaña (xa sabemos como foron estes meses) e estamos en Rianxo,  imos coa nena ata a praia de Tanxil. E cada tarde, entre as sete menos cuarto e as sete, cando o sol perde folgos, aparece un novo habitante no areal. Eu chámoo o “O home dos libros” porque me fascina. Chega cun sombreiro de palla, unha cadeira de praia debaixo dun brazo, un suadoiro vermello (que o paso do tempo transformou en coral), uns pantalóns con múltiples petos esfiañados, uns tenis Joma verdes, negros e rosas e unha mochila da que colgan, nunha das súas tiras Seguir lendo O home dos libros

Mellor a ausencia, de Edurne Portela

9788417088125Fidel Vidal. Unha escena desta novela (Mellor a ausencia, Galaxia Gutenberg, 2017), faime recordar que, nada máis chegar a Euskadi, un colega advertiume de, no caso de que a garda civil me parase, “antes de mover unha man di quen es e onde traballas. Polo acento saberán que non corren perigo”. Eran finais dos sesenta. En 1980, na primeira parte desta obra (1979-1992), sendo a protagonista, Amaia, unha nena, conta cando se acercaron co coche “á caseta onde están os señores coas metralletas. Ama dáse a volta e dinos que esteamos calados (…) Aita saca os caderniños e amósallos ao señor. Seguir lendo Mellor a ausencia, de Edurne Portela

Urbanismo de supermercado

O hipermercado de Noia e os acceso impóñense coma un corpo estraño na trama tradicional
O hipermercado de Noia e os acceso impóñense coma un corpo estraño na trama tradicional

Pedro García Vidal. Logo de ler o suxestivo libro de Carolyn Steel, Ciudades hambrientas. Como el alimento moldea nuestras vidas, faise inevitable deixarse vencer pola tentación de rastrexar as pegadas da alimentación nas vilas próximas; unha invitación a comprender como muda o territorio que habitamos a partir da súa relación coa comida. Seguir lendo Urbanismo de supermercado