Arquivo da categoría: Ensaio

Matriarcas

As femias da galiñola común enfróntanse en duros combates polos machos Foto: Antonio Sandoval
As femias da galiñola común enfróntanse en duros combates polos machos Foto: Antonio Sandoval

Xulio Gutiérrez Roger. Estamos tan afeitos a interpretar a natureza con lentes ideolóxicas que cremos ver nos animais características humanas que de ningunha maneira posúen. A maxestosidade do león, a astucia do raposo ou a crueldade da hiena. Pero estas lentes non son máis que un espello que nos define antes a nós que a eles. Unha destas lentes relaciónase co concepto de familia nuclear: o papá, a mamá e as crías. Seguir lendo Matriarcas

Observadores observados

«Atavismo», obra de Rosana Calvo Foto: Carmela Queijeiro
«Atavismo», obra de Rosana Calvo Foto: Carmela Queijeiro

Antonio Piñeiro. Está na sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas, en Ribeira, a mostra dos traballos premiados no décimo sexto Certame Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas. Entre eles unha magnífica obra da artista noiesa Rosana Calvo. Este debuxo a lapis, titulado Atavismo. Seguir lendo Observadores observados

Daniel López Rodríguez, narrador e xornalista

O Escritor. El_camino_de_la_dicha. jpgPastor Rodríguez. Figura moi esquecida entre nós é a do xornalista e narrador Daniel López Rodríguez, nado en Noia o 20 de outubro de 1884. Especialista en facenda, chegou a ser Director Xeral do Timbre. Colaborador da prensa madrileña, empregou o pseudónimo Fantasio, pero foi tamén novelista co pseudónimo López Orense, co que publicou as novelas El placer de amar (Madrid, 1909) e El camino de la dicha, editada por Renacimiento en Madrid no ano 1912. Da primeira destas novelas fixo unha adaptación para o teatro, en colaboración con Linares Becerra, que se estrenou co título El buen amor. Sabemos tamén que á súa morte deixou algunhas obras inéditas, como a novela Vida de Juan Roberto. Seguir lendo Daniel López Rodríguez, narrador e xornalista