Arquivo da categoría: Ensaio

Fragua íntima

317xpeBWCnLX. Ricardo Losada. Mentres tomo un vermú na terraza da praza da Igrexa en Rianxo, aparece de súbito Pascual, un bo amigo. Dáme un libro, e dime: Compreino o outro día nunha librería de vello en Madrid. Non o coñecía. É A fragua íntima de Rafael Dieste, un libro no que Arturo Casas reúne os aforismos que o autor rianxeiro escribiu entre 1926 e 1975. Non llo digo a Pascual (non todo o mundo goza con este tipo de coincidencias), pero o primeiro que penso é que aquela praza chámase oficialmente praza de Rafael Dieste. E non podo evitar desviar a vista un pouco á esquerda do corpo de Pascual e albiscar a casa na que naceu Seguir lendo Fragua íntima

Lino Braxe. Autorretrato

fidelFidel Vidal. Estamos todos convidados por Mandiá -como adoitaba chamalo Manuel María polo segundo apelido-, si, convidados ao Banquetede Lino Braxe (Limiar de Xosé Manuel Beiras, Sotelo Blanco, 1990), unauténtico festín inconcluso mais non fragmentado. Un banquete en plena creación, “en plena celebración”, en constante celebración do éxito dunha falsa vocación de fracaso. Este é o festexo imperecedoiro da sublimación dun infortunio enmascarado, porque onda nós “non hai opción á compracencia”, tal como diX. M. Beiras. Seguir lendo Lino Braxe. Autorretrato

Primeiras ocupacións humanas do Barbanza

Núcleo discoidal atopado no contorno dun dos abrigos de Braña de Leis.
Núcleo discoidal atopado no contorno dun dos abrigos de Braña de Leis.

Víctor Barbeito Pose/Julián Bustelo Abuín. As primeiras ocupacións humanas son unhas das grandes descoñecidas da investigación arqueolóxica no Barbanza. Non resulta fácil nin moi prolixo atopar referencias ás que deberon ser as primeiras vagas de poboadores, pero dalgunhas dispomos. A primeira referencia ao paleolítico barbanzán podemos atopala na obra Geografía general del Reino de Galicia, dirixida por Francesc Carreras i Candi. Seguir lendo Primeiras ocupacións humanas do Barbanza