Arquivo da categoría: Ensaio

Unha morte magnífica

9788498381931X. Ricardo Losada. O escritor Sandor Márai suicidouse dun disparo aos 89 anos. Os amigos espallaron as cinzas no mar, tal e como el pedira. Nunha das últimas notas dos seus diarios fala da morte da muller, desencadeante da súa tráxica decisión: «Hai oito meses que morreu. Hoxe é a primeira vez que son consciente de que nunca máis estará comigo. Ata agora dábame a impresión de que saíra un momento do cuarto, ou a dar unha volta pola cidade». Sempre crin que os seres humanos, xa que debemos escoller como vivir, tamén deberiamos escoller como morrer. Finlandia ten un dos índices de suicidios máis altos do mundo («o noso deporte nacional», chámanlle), e non creo casual que sexa un dos países con mellores resultados educativos. Seguir lendo Unha morte magnífica

Antonio Rodríguez Fraga, avogado e xornalista do Son

O Escritor. Correo_de_Galicia_06-06-1919Pastor Rodríguez. Non foi un escritor importante, pero si un dos moitos galegos emigrados que se dedicou ao xornalismo en América. Antonio Rodríguez de Fraga e Fraga nacera en Porto do Son o 12 de frebreiro de 1880, e non en 1888 como asegura Alberto Vilanova. Emigrado na Arxentina en 1909, cando xa era licenciado en Dereito pola universidade de Compostela, nese país desenvolveu múltiples actividades: viaxante de tecidos, pintor, escultor en madeira, astrónomo e fotógrafo. Seguir lendo Antonio Rodríguez Fraga, avogado e xornalista do Son