Antonio Rodríguez Fraga, avogado e xornalista do Son

O Escritor. Correo_de_Galicia_06-06-1919Pastor Rodríguez. Non foi un escritor importante, pero si un dos moitos galegos emigrados que se dedicou ao xornalismo en América. Antonio Rodríguez de Fraga e Fraga nacera en Porto do Son o 12 de frebreiro de 1880, e non en 1888 como asegura Alberto Vilanova. Emigrado na Arxentina en 1909, cando xa era licenciado en Dereito pola universidade de Compostela, nese país desenvolveu múltiples actividades: viaxante de tecidos, pintor, escultor en madeira, astrónomo e fotógrafo. Convalida o seu título na universidade de Bos Airese, exerce como avogado do Banco de Galicia desa capital, consultor da Embaixada de España, avogado do Centro Gallego e Presidente da Asociación Patriótica Española durante vinte anos. Moi apreciado como orador, dende 1911 exerce como colaborador do Correo de Galicia, no que publica o seu artigo máis sonado, “De los celtas, no”. Da súa figura ocupáronse Fabeiro Gómez na Gran Enciclopedia Gallega e Alberto Vilanova Rodríguez en Los gallegos en la Argentina (1966). Rodríguez de Fraga faleceu en Bos Aires no ano 1958. A reedición de xornais e revistas americanas, na rede e en volume, que se está levando a cabo nestes anos, acabará por darnos unha imaxe máis clara do labor xornalístico deste sonense.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *