Arquivo da categoría: Ensaio

Galicia gana o festival de Eurovisión

Silencio00X. Ricardo Losada. Weber dicía que o protestantismo, para inculcar os valores de amor ao traballo, honradez, vida dura, aforro e apego ao capital, levou a cabo nos países do norte de Europa un ríxido control da vida cotiá. Comprobei esa tese a primeira vez que estiven en Alemaña. Paseaba por unha avenida de Berlín de oito carrís e, de súpeto, sentinme inquieto. Seguir lendo Galicia gana o festival de Eurovisión →

Carta a unha lectora (X), hai libros que nos chaman dende os escaparates

mujer-leyendoPilar Sampedro. Las mujeres que leen son peligrosas foi un deles. A xente acababa agasallándoo porque lle parecía que a ninguén lle podía resultar indiferente. A min facíame pensar. Por un lado lembraba a afirmación dunha compañeira de xeración que, nos tempos do cambio de réxime, sempre me facía caer na conta de que o stablishment lles perdoaba mellor a disidencia aos homes que ás mulleres porque elas, cando rompían, facíano a conciencia. Polo outro, sempre me pareceu que o título respondía a unha mentira, porque estaba convencida de que quen lle puxo nome ao libro buscou chamar a atención, porque era imposible que pensase que as mulleres que lían eran máis perigosas que as outras. Seguir lendo Carta a unha lectora (X), hai libros que nos chaman dende os escaparates →

Dezaoito de brumario

FascismoAgustín Agra. O 18 de brumario do ano VII do calendario republicano francés –9 de novembro de 1799– Bonaparte fíxose co poder, golpe de estado por medio. Malia que os tempos mudaron –non me atrevo a afirmar que incruento, hai quen ten soidades do ruído dos sables– aqueles que vociferan veleidades totalitarias claman asemade polo advento dun novo brumario. Seguir lendo Dezaoito de brumario →

Guardianes de la memoria, de Álvaro Colomer

41+CPpJfD9L._SX305_BO1,204,203,200_Xerardo AgraFoxo. O autor desta obra propón unha viaxe por cinco lugares. Cinco sitios onde a historia deixou cicatrices indelébeis. Da súa man percorremos Gernika, Chernóbil, Transilvania, Lourdes e Auschwitz. Cinco lugares estigmatizados por circunstancias históricas e culturais diferentes. Que foi de Gernika despois do masacre da aviación nazi? Como puido suceder a catástrofe de Chernóbil? Como xurdiu a feira de Lourdes? Que pegadas deixou en Transilvania o mito de Drácula e que facemos os turistas tirando fotos nos crematorios de Auschwitz-Birkenau? Como di nas súas reflexións Álvaro Colomer (Barcelona, 1973), logo de percorrer estes lugares, antes de que os nazis bombardearan Gernika, antes de que saltara polos aires o reactor nuclear de Chernóbil Seguir lendo Guardianes de la memoria, de Álvaro Colomer →