Arquivo da categoría: Ensaio

Aproximacións a Manoel Antonio (II)

manuel-antonio-perez-sanchezX. Ricardo Losada. Como prometín, sigo compartindo con vós as miñas reflexións sobre o libro de Xosé Luís Axeitos Aproximacións a Manoel Antonio (editorial Axóuxere, 2020). Pero antes de nada, tratando de ser sincero, quixera facer unha aclaración. Aínda que Axeitos non me cita nese libro, sentinme interpelado en varias ocasións, no sentido de que me daba a impresión de que criticaba algúns aspectos da miña biografía sobre o poeta rianxeiro. Por moitas razóns, pero, basicamente, por unha. Teño lido practicamente todo o que se ten escrito sobre Manoel Antonio, e esas críticas só encaixan co meu libro. Seguir lendo Aproximacións a Manoel Antonio (II)

Suso de Toro entrega nova novela, pero non falarei dela

Suso de Toro1 (1)Pilar Sampedro. Suso de Toro pode ser, ao meu entender, o máis aproximado á imaxe do intelectual critico e comprometido do noso país. Conserva íntegra a disposición a ilusionarse cada vez que descobre unha personalidade fóra do normal, unha idea valiosa ou unha iniciativa poderosa. Seguir lendo Suso de Toro entrega nova novela, pero non falarei dela

Polos vieiros da saudade, de Ramón Otero Pedrayo

71OsnixPXlLX. Ricardo Losada. Custoume unhas poucas páxinas entrar no libro. Había tempo que non lía un texto de Otero Pedrayo, e aquel estilo que me fascinara nos anos oitenta en Arredor de si, provocábame un certo rexeitamento, probablemente, penso agora, porque o comprara convencido de que ía ler unhas simples memorias sobre unha viaxe de Trasalba a Bos Aires, con paradas en Tui, O Porto, Lisboa, Río de Xaneiro e Montevideo. E diso trata o libro, sen dúbida, pero tamén, e sobre todo, dunha viaxe pola vasta cultura universal e pola barroca vocación de estilo dun autor para quen escribir é, sen dúbida, moi en sentido decimonónico, escribir bonito. Seguir lendo Polos vieiros da saudade, de Ramón Otero Pedrayo