Xerardo AgraFoxo. Se estás baixo de moral ou afectado pola pantasma da pandemia, por favor, non leas este libro. Malia que semella unha biografía sobre o autor de Vida e destino, en realidade, narra a historia dun país que un día tomou unha decisión transcendente: SUPRIMIR A VERDADE. Entón desapareceron do seu mapa varios millóns de xudeus e milleiros de opositores. Unha sorte de Holocausto porque, se abrías a boca, tanto que foses un neno, un vello ou un soldado raso, dabas cos ósos nunha gabia. Así sucedeu durante varias décadas de silencio, tortura e represión. Esta teima suicida intentou silenciar a Vasili Grossman, que morreu sen ver publicada a súa magna obra: Vida e destino. Seguir lendo Vasili Grossman y el siglo soviético, de Alexandra Popoff
Arquivo da categoría: Ensaio
Facer visibles as paisaxes da cidade oculta, 700 anos da muralla de Noia
Pedro García Vidal. A cidade fortificada constituíu durante séculos en occidente o modelo urbano predominante. Unha poboación, por pequena que fose, se non aparecía defendida por un muro era considerada pouca cousa. A existencia dunha muralla era decisiva para elevar un lugar a rango de vila ou cidade, fronte aos que non a tiñan. Seguir lendo Facer visibles as paisaxes da cidade oculta, 700 anos da muralla de Noia
Aproximacións a Manoel Antonio
X. Ricardo Losada. Máis alá do seu brillante currículo, e do seu talante persoal, o que máis me gusta de Roberto Abuín é o seu evidente amor pola filosofía, e por unha filosofía que el concibe, coma min, como un debate aberto sobre as ideas. Non outra debeu ser a razón pola que se lanzou a crear unha editorial, Axóuxere, que segue unha arriscada liña experimental e de rigorosa reflexión sobre o mundo, cando as tendencias dominantes van en dirección contraria. Seguir lendo Aproximacións a Manoel Antonio
Paisaxe dende a xanela

Jose Lires. Vivimos tempos extraordinarios. O inverno, obrigado polo calendario, dá paso á primavera que nos sorprende estreando unha situación inédita. Unha reclusión forzosa co propósito de evitar a propagación dunha emerxente enfermidade zoonótica. Seguir lendo Paisaxe dende a xanela