Vasili Grossman y el siglo soviético, de Alexandra Popoff

9788491992196Xerardo AgraFoxo. Se estás baixo de moral ou afectado pola pantasma da pandemia, por favor, non leas este libro. Malia que semella unha biografía sobre o autor de Vida e destino, en realidade, narra a historia dun país que un día tomou unha decisión transcendente: SUPRIMIR A VERDADE. Entón desapareceron do seu mapa varios millóns de xudeus e milleiros de opositores. Unha sorte de Holocausto porque, se abrías a boca, tanto que foses un neno, un vello ou un soldado raso, dabas cos ósos nunha gabia. Así sucedeu durante varias décadas de silencio, tortura e represión. Esta teima suicida intentou silenciar a Vasili Grossman, que morreu sen ver publicada a súa magna obra: Vida e destino. Unha morte amarga que non sufriu o seu amigo Pasternak que morreu tres anos despois de aparecer no estranxeiro Doutor Zhivago. Nesta obra de Alexandra Popoff cóntanse moitas historias arrepiantes. Entre elas destaca a dun científico que, despois de penar varios anos no inferno siberiano, viu como a policía lle rexistraba acotío a súa casa. Querían confiscarlle a máquina de escribir. Para que a querían aqueles que SUPRIMIRON A VERDADE? Sabían que era o seu único medio para CONTAR A SÚA VERDADE. Os dedos das mans deixáraos no GULAG.

Se estás baixo de moral… non leas este libro. Se cres que hai ditaduras boas e malas… tampouco.

Un comentario en “Vasili Grossman y el siglo soviético, de Alexandra Popoff

  1. Fareiche caso, Xerado, haberá tempo para facelo. Considero que agora é mellor ler algo que nos entreteña con máis amenidade. Non obstante, apunto o título para cando o tempo nos dea unha tregua de positividade.
    Unha aperta, Xerardo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>