Arquivo da categoría: Ensaio

A Cousa Vermella, de Olga Novo

10261881Fidel Vidal. Que cousa é a Cousa? E a cousa vermella? Talvez esa cousa deberíamos vela como ver-mel(l)a. Como un oco polo que respirar, ou como proposta. Un proxecto sempre ao axexo. Nesta ocasión, o título do libro de Olga Novo (Premio Nacional de Poesía 2020),  A cousa vermella (Espiral Maior, 2004) vén ao caso; ao meu caso. Acontece o mesmo coa poesía en xeral: a funcionar como semente, como seme: o seme que deixas neste verso (p. 13).

Atopámonos diante dunha ilusión ou dunha realidade difícil de dicir? E non digamos se a Cousa vén con maiúscula. Axiña pensei na Cousa freudiana. Seguir lendo A Cousa Vermella, de Olga Novo

Antonio Abal Hermo, un médico da Pobra

sifilisPastor Rodríguez. Nacido o 11 de xuño de 1869 na Pobra do Caramiñal, foi un médico de prestixio no seu tempo, doutor en 1904, director do Gran Hospital de Santiago dende 1899 e subdelegado de Medicina da provincia da Coruña. Obtivera a licenciatura en Medicina en 1890 e en 1911 publicou un resumo da súa tese doutoral co título de Sobre la sífilis y su tratamiento por algunos preparados mercuriales, na imprenta compostelá do Eco de Santiago. Moi amigo de Valle-Inclán, alugoulle na Pobra do Caramiñal a súa quinta, chamada “Villa Eugenia” pola súa muller Eugenia Gasset, situada na rúa de San Roque, que subsiste aínda hoxe e que foi fotografada por Ruth M. Andersen. Seguir lendo Antonio Abal Hermo, un médico da Pobra

Diógenes: síndrome e lenda

800px-Waterhouse-DiogenesGonzalo Trasbach. Nas páxinas do Eclesiestés podemos atopar sentenzas coma esta: <Todo camina hacia un mismo paradero>. Nun texto grego anterior, cronoloxicamente falando, podemos tropezar cun aforismo coma este: <No conviene burlarse del cubierto de harapos>. Aínda que non o pareza, as dúas frases teñen un “sombrío fondo común”. Pero, sen dúbida, a segunda delas lévanos directamente cara a un personaxe mítico da Antiga Grecia: Diógenes de Sínope. Que sabemos no noso tempo, na soberbia era da información e do coñecemento, daquela figura histórica, lendaria? Nós coñecémolo porque é o nome dunha síndrome, un trastorno patolóxico que consiste en acumular cousas, pertenzas inservibles e mesmo desperdicios Seguir lendo Diógenes: síndrome e lenda

Los Mann. Historia de una familia, de Tilman Lahme

9788417978280Inés Otero. Esta  historia da saga Thomas Mann/Katia Hedwig e os seis fillos, todos vinculados co mundo intelectual, é unha saga familiar que abrangue unha época ateigada de problemas políticos e traxedias colectivas, coma o nazismo e o holocausto. O autor desta sensacional obra, Tilman Lahme, reconstrúe a vida dunha familia onde a busca da identidade e a afirmación persoal revelan a existencia duns personaxes contraditorios. Oito persoas que viviron a amargura do exilio cando o autor de Os Buddenbroock –publicada por Thomas Man cando só contaba 25 anos– se pronunciou contra as teimas inquisidoras de Adolf Hitler. Seguir lendo Los Mann. Historia de una familia, de Tilman Lahme