Arquivo da categoría: Ensaio

Reflexións en base ao libro infantil: O xeito das froitas

OxeitodasfroitasPilar Sampedro. Hai libros necesarios aínda que en principio non semellen excelentes, ou puideramos pensar que son obras menores. Vén a conto, repasando unha novela infantil de María Reimóndez, O xeito das froitas, publicada en Oqueleo. Levoume a revisalo unha personaxe principal moi interesante: unha nena de carácter forte e conviccións seguras, que anda entre a consideración de teimuda ou simplemente dotada de autoestima. Unha desas personaxes ás que nos imos acostumando, que racha os estereotipos de xénero, con ideas propias e orixinais sobre case todo, que se asenta na igualdade e os dereitos, pero tamén nas obrigas, porque é empática e solidaria. Seguir lendo Reflexións en base ao libro infantil: O xeito das froitas

Non digas nada, de Patrick Radden Keefe

91AQ0rD-ZPLInés Otero. Este libro comeza co secuestro no 1972 de Jean Mc Conville, unha viúva e nai de 10 fillos, que vivía nun arrabalde miserento de Belfast. Detrás daquela acción estaba un comando do IRA. Durante tres décadas os seus fillos non deixaron de buscar o corpo da súa nai. Esta historia sobre as Troubles, que converteron Irlanda do Norte nunha zona de guerra, resulta apaixonante. O seu autor é Patrick Radden Keefe, reporteiro do The New Yorker, que aproveitou os testemuños que conseguiu a Universidade de Boston con algúns dirixentes do IRA cando o conflito xa rematara cos Acordos de Venres Santo de 1998. Seguir lendo Non digas nada, de Patrick Radden Keefe

Nada é gratis (I)

Foto: Jesús Suárez Ares
Foto: Jesús Suárez Ares

Xulio Gutiérrez Roger. A moda de amontoar pedras en lugares sobranceiros é un fenómeno aparentemente inocuo feito por persoas anónimas que pretenden facer unha intervención artística colectiva no medio natural. Pero… ten consecuencias. Un montonciño de pedras non fai mal ningún pero a proliferación destes “milladoiros hipster” modifica gravemente Seguir lendo Nada é gratis (I)