Arquivo da categoría: Ensaio

Nick Cave: novo disco e obra lírica (I)

NC-Idiot-Prayer-Static_1080x1080-1024x1024Gonzalo Trasbach. Tivemos no mes de novembro dúas marabillosas noticias sobre Nick Cave. Primeiro atopámonos cun libro de precioso formato que recolle a súa obra lírica completa e xa nos últimos días do mes puidemos escoitar o seu fabuloso novo disco: “Idiot Prayer: Nick Cave Alone At Alexandra Palace”.

Os que somos afeccionados á música contemporánea sabemos do monumental legado do músico e escritor australiano afincado en Inglaterra. Seguir lendo Nick Cave: novo disco e obra lírica (I)

Doctor Migraña e Chamaquito Pistolas

CHAMAQUITO PISTOLAS E DOCTOR MIGRAÑAMaría Xesús Blanco. BINOMIO MUSICAL. Cando chego á Recoveira, Nando Pérez está sentado nunha mesa que mira á praza. A temperatura é suave e apetece o aperitivo. A Nando gústalle falar, pero tamén escoitar. Necesita a pregunta concreta para dar unha resposta co detalle que ti necesitas oír. De contado chega Carlos. Chamaquito Pistolas e o Doctor Migraña. Seguir lendo Doctor Migraña e Chamaquito Pistolas

Cartas a unha lectora, a un lector (IX)

background of library book shelfPilar Sampedro. Lois Diéguez de Monforte escribe a mensaxe do 2016. Nela reivindica mirar as estrelas. Ler nese firmamento, no que semella que Manuel María se converteu nunha estrela de cor vermella, que acompaña á azul Venus. Di que se a miras intensamente saen dela páxinas de letras que contan os segredos que ninguén sabía descifrar.

Manuel Veiga, tamén de Monforte, faino no 2013. Conta como “arredor de 1970, o Ministerio de Educación y Ciencia destinou á Escola de Diomondi (O Saviñao) Seguir lendo Cartas a unha lectora, a un lector (IX)