Alberte Pagán. O Auto do prisioneiro, escrito em 1969 e publicado na revista Grial em 1970, é a quarta peça teatral que Ricardo Carvalho Calero recolheu no livro 4 pezas (Galaxia, 1971). Um prisioneiro desfruta na sua cela de todas as comodidades: telefone para comunicar-se com o exterior, aquecimento central, sexo, comida, amizades, visitas e um guarda que é servente, condenado a seguir as rotinas horárias e alimentares do preso. Apreendemos que o diretor do cárcere é seu pai, um pai ausente que nunca colhe o telefone e nunca abre a porta da sua oficina. Realmente existe? Ninguém o conhece mas todo o mundo espera umha mensage del. “Pero ¿hai un direitor?”, pergunta o confinado. Seguir lendo Os prisioneiros
Arquivo da categoría: Ensaio
Vinte e dous
Agustín Agra. Esmoreceu, é certo. Deixamos, din, que demerxera no esquecemento. Levouna o vento, quizais aquel nordés secular que nos azouta, e esvaeuse na néboa do tempo. Recordo aínda palabras, non te penses, que acoden a min dende aló no dentro, do profundo. Eu non a falei nunca, non. Nin os meus, nin os amigos tampouco, mais si un meu avó, creo. Algún profesor tamén, supoño, tampouco cho aseguro, pasouche moi ben tempo. Seguir lendo Vinte e dous
Desexos cumpridos
Fidel Vidal. Yo soy. Yo eres. Yo es. Yo somos. Yo sois, Yo son. Se queres sobrevivir, deberás conxugar o verbo ser desta maneira. Así comeza Yo soy, yo eres, yo es, de Juan Bonilla (Ed. Imperdonables, Árbol de Poe, 1995), unha orixinal novela de menos de cen páxinas. Non resulta fácil conxugar o verbo ser. O máis difícil está en crelo. Para non conformarse con sobrevivir, o seguinte paso será aprender conxugar o verbo amar: eu ámome, ti ámasme, el ámame. É unha novela de amor, sobre o primeiro amor, os amoriños primeiros que, como a raíz do toxo verde, “son moi malos de olvidar”. Seguir lendo Desexos cumpridos
Viaxe ao centro do universo
X. Ricardo Losada. (Para o C.D. Unión no seu 50 aniversario). Fun ver ao campo de Vilas o Torneo Internacional de fútbol alevín e benxamín que se celebrou en maio. Había un ambiente extraordinario e a competición atrapou o meu interese, pero percibín en todo momento unha estraña sensación, que non tardei en relacionar co feito de que esa mesma mañá lera un artigo de prensa Seguir lendo Viaxe ao centro do universo