Arquivo da categoría: Ensaio

Cartas a unha lectora, a un lector (VII)

olganovoVIIPilar Sampedro. Continuando co eixe de textos sobre a lectura, abandono os marcapáxinas do Día do Libro para bibliotecas escolares e voume á páxina do colectivo Lemos Le (formado por ensinantes, bibliotecas escolares e públicas, librarías e escritores/as) para seguir recollendo algún outro texto deste tipo.

Olga Novo (a autora do último Premio Nacional de Poesía) é da Pobra do Brollón e foi a primeira convidada a escribir algo sobre a lectura. Seguir lendo Cartas a unha lectora, a un lector (VII)

Só unha hora, recordos en tren de Ignacio Castro sobre Isaac Díaz Pardo

220px-DiazPardo_Isaac_en_CastroIgnacio Castro Rey. Unha tarde de hai facilmente corenta anos. Probablemente máis. Un compartimento daqueles trens de antes, divididos, angostos, con portas que o separan do corredor. Distintos pasaxeiros que non nos coñecemos compartimos en silencio o pequeno traxecto, non tan pequeno, entre A Coruña e Santiago. Aburrimento, choiva, paradas, traqueteo, paisaxes rachadas. Miradas cruzadas e algunhas palabras corteses, as xustas, de cumprido. Cada un de nós vai sumido nos seus pensamentos propios, coa típica atención flotante propia dunha viaxe. Seguir lendo Só unha hora, recordos en tren de Ignacio Castro sobre Isaac Díaz Pardo

Un muradán en Santo Domingo

O Escritor. Garcia_Rodriguez. AbrilPastor Rodríguez. José Mª García Rodríguez nace en Muros o 6 de febreiro de 1912. Licenciado en Dereito, xuíz e maxistrado de Traballo en 1944. Emigra á República Dominicana en 1945, onde foi chanceler do Consulado español ata 1963, ano no que pasou a exercer en Porto Rico. Cultivou o xornalismo, a poesía, a novela e a biografía. E 1979 veu visitar a súa vila natal. Autor de novelas históricas como Princesa de Francia en Castilla e de biografías como Doña María de Molina ou Ambrosio Spínola y su tiempo. Publicou ademais o libro de relatos Cuentos de cornudos y otras picardías (1973), obras históricas como Guerra de Independencia (1808-1814) e Don García Hurtado de Mendoza, el vencedor de Caupolicán. Seguir lendo Un muradán en Santo Domingo

Dieste en 2666

diesteX. Ricardo Losada. O filósofo Julián Marías foi invitado a dar unha charla nunha universidade remota de EEUU. Entusiasmado, preguntoulle por teléfono ao hispanista que o invitara como tiña que facer para chegar. “Ten que coller un tren no aeroporto da capital do estado”, díxolle, “e parar na quinta estación”. “E quen me estará agardando?”, preguntou Marías. “Eu mesmo”, díxolle o hispanista. “E como o recoñecerei?” Seguir lendo Dieste en 2666