X. Ricardo Losada. Non recordo quen dixo que os grandes revolucionarios da historia, cando menos os que acadaron o poder (é conveniente puntualizalo), foron persoas moi conservadoras: en canto gobernaron, xa non quixeron máis cambios. Pasou cos cristiáns. Pediron ser legalizados en nome da liberdade no Imperio Romano e, pouco despois, unha vez que se converteron con Teodosio na relixión oficial, comezaron unha sistemática e violenta persecución das outras confesións que levou, co tempo, a esa monstruosidade da Inquisición. Pasou co protestantismo. Seguir lendo Pereza revolucionaria
Arquivo da categoría: Ensaio
Cartas a unha lectora (III)
Pilar Sampedro. Neste empeño por falarche con palabras doutros (as miñas non me parecen suficientemente convincentes) boto man duns magníficos textos que se presentan en formatos tan humildes coma un marca páxinas, iso si, en forma de libro. Imos duns a outros, recollendo o que eles e elas sementaron, agradecéndolles os textos Seguir lendo Cartas a unha lectora (III)
Andades á xunta?, de Emilio Araúxo
Fidel Vidal. Hai uns anos recibín un agasallo fermoso e sorprendente que hoxe, por estrañas circunstancias, acudiu á miña memoria: o libro de Emilio Araúxo Andades á xunta? (Con Isolina Pumar en Chaiviou e no Poulón), edición non venal, 2010. Unha fotografía a cor e unha cordial dedicatoria completan o inesperado e formidable galano. No retrato, a modo de postal, aparece Manuel Garrido Silva, artesán de caretas, amosando unha de cigarrón con mitra decorada por un ergueito cabalo en branco e vermello sobre un prado verde. Na parte posterior Emilio explica as razóns de tal envío, que non vou dicir, agás a honra e deferencia de me considerar un máis da “nosa aldea”. Seguir lendo Andades á xunta?, de Emilio Araúxo
Deportes autóctonos
Francisco Ant. Vidal Blanco. Paseaba por un pobo de Cantabria cando escoitei a unha nena de menos de 10 anos discutindo con seu pai sobre un xogador de bolos, cunha paixón que me sorprendeu e como só algunha vez lle oín a algún cativo sobre certos futbolistas que todos os días e a todas horas ocupan a pantalla do televisor. Aínda a maiores, a cativa paseaba vestindo unha camiseta coas cores dun deses equipos. Seguir lendo Deportes autóctonos