Fidel Vidal. Caer nas redes supón ser alcanzado por un tecido que nos vai reter. Sen embargo, como acontece coas redes eléctricas, para nos evitar males maiores, é necesario “facer masa”, e no caso que nos atinxe, “facerse masa”. Situación onde cada un de nós conta unicamente como masa, ocasión para sermos neutralizados na mesma, ao ensumir nela toda enerxía social e política. Seguir lendo Moral e redes sociais
Arquivo da categoría: Ensaio
Galicia e os galegos na poesía castelá CLXXI. Rojas Villandrando
Román Arén. Agustín de Rojas Villandrando é coñecido na literatura castelá por El viaje entretenido, publicado en Madrid en 1603. Parece que era de orixe galega e que seus pais eran fidalgos de Ribadeo que pasaron logo a Terra de Campos. Afirma Rojas que “fui soldado y alojando por Galicia, hallé un gallego que afirmaba ser yo su hijo..”.
Coñeceu Ferrol e A Coruña e a esta última cidade dedicou un soneto:
Adiós, hercúleos muros, que a los cielos/amenazáis con la soberbia altura./Adiós, tierra dichosa, sepultura/de mis contentos, glorias y consuelos. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXXI. Rojas Villandrando
Revolución dos caraveis: a sombra trala luz
Gonzalo Trasbach. Todas as revolucións habidas e por haber pasan por momentos luminosos e agochan outros sombríos. Hai homes (máis ca mulleres, pois xa sabemos a querenza dos varóns por figurar nos fitos máis destacados da Historia), que son glorificados, loubados, condecorados… Pero hai outros que, pese aos indubidables méritos contraídos, son condenados a un rotundo ostracismo: resultan perigosos para os benpensantes membros do stablishment, pola admiración e devoción que espertan entre as capas populares. Dito isto de carácter xeral, lembremos que o pasado 25 de abril celebrouse o 48º aniversario da Revolución dos Caraveis de Portugal, aquela que tanto nos conmovera Seguir lendo Revolución dos caraveis: a sombra trala luz
Hannah Arendt y Martin Heidegger, de Elzbieta Ettinger
Xerardo AgraFoxo. Non sei cantas veces lin este libro, nin tampouco se o leron os filósofos de referencia deste CaféBarbantia, é dicir, os admirados Losada vs. Trasbach, pero sei que cantas veces me mergullo nas súas páxinas un calafrío me corre pola espiña. Nelas trátase a relación amorosa e intelectual entre Hannah Arendt e Martin Heidegger dende que se coñeceron na universidade de Marburgo en 1924. Naquel tempo ela era unha moza xudía de dezaoito anos e el, o seu profesor de trinta e cinco, ficaba casado, tiña dous fillos e estaba a escribir Ser e Tempo, a súa obra máis salientábel. Mentres ela se sente atraída pola vitalidade e intelixencia de Martín, el, asemade se deixa cativar pola admiración que lle profesa Seguir lendo Hannah Arendt y Martin Heidegger, de Elzbieta Ettinger