Arquivo da categoría: Marina Losada

A nena do espello. Desenguedellar, alisar e compoñer

Marina Losada Vicente. Pitusa miraba preocupada o espello, colocado á altura precisa para que seu pai se barbeara, no que a peiteaban a diario. A nai non estaba. Tampouco a avoa. Non tiña quen a asease e, polo tanto, non podía saír á rúa, prohibido o tiña, na que xa xogaba seu irmán. Subiu a unha banqueta. Tocaba desenguedellar, alisar. Desfixo as trenzas amodo, dando conta de que tiña que volver compoñelas. Seguir lendo A nena do espello. Desenguedellar, alisar e compoñer

Atril de discursos

Marina Losada Vicente. Foi como entrou na empresa. Deitada baixo a sombra dunha árbore cuxo tronco ben tería un metro de diámetro. Diante, ao sol, sentan dúas mulleres. O que alí falaron, alleas de todo a que eran escoitadas, formou en Marciala a idea de presentarse diante do dono de Cadeas Atlánticas. Ao día seguinte empezou a traballar como secretaria. Agora ten diante unhas vinte mesas repletas de comensais. Acaba de recibir o consabido reloxo de ouro, premio á súa traxectoria profesional, a dous días de xubilarse. Seguir lendo Atril de discursos

Cuestión de datas

?????????????????????????Marina Losada Vicente. Tivo mala sorte, moi mala sorte. Un cambio de nome da súa rúa provocou que cando foi á policía renovar o carné lle pediran un certificado de empadroamento. Cando llo levou, a axente reparou en que aparecía como nada no 1946 cando no DNI constaba o 1948. Celsa insistiu que iso non era problema dela, que a data do novo documento tiña que ser a mesma que a do vello. Seguir lendo Cuestión de datas

Pentagrama de excrecións

png-transparent-musical-note-graphy-musical-note-brown-photography-materialMarina Losada Vicente. Chamáballes a atención que cando Luís ía ao  baño, tiraba da cisterna cada pouco. Para uns, significaba que se aburría. Para outras, que non soportaba o seu propio cheiro.

Na cea de nadal, con copas de máis, acabaron falando de cagadas e mexadas, e, dentro do desvarío, alguén preguntou que pasaba coas feces do compañeiro, se resultaban “pegañentas de máis” para que necesitasen ración cuádrupla de auga. Seguir lendo Pentagrama de excrecións