Arquivo da categoría: Ignacio Castro Rey

O que arde

Lo_que_arde-658148396-largeIgnacio Castro Rey. O que arde (Oliver Laxe, 2019) é unha película que hai que ver. Aínda que só sexa porque ten “pouco que ver” coas facilidades que corren por estes pagos, tanto de factura nacional como estranxeira. Poderíase dicir case, como ocorre en Paterson e algunhas outras obras, sexan de  Guerín, Lois Patiño ou Mercedes Álvarez, pero moi distinta a todas elas, que a de Laxe é unha película sobre nada, acerca da néboa lenta que é a vida humana. Isto obriga a unha atención constante para non perder ningún detalle, aspectos ás veces insignificantes nos que se xoga o conxunto da historia. Se é que se pode falar de historia neste caso, dado que o narrado roza de continuo o  inane, o ser lento da especie humana e da terra. Seguir lendo O que arde

Tedio de fazañas bélicas

0234685.jpg-c_215_290_x-f_jpg-q_x-xxyxxIgnacio Castro Rey. Un escribiu hai pouco algo así: “Soamente dura o que se atreve a romper co cárcere da fama” (Choiva oblicua). De maneiras tan distintas, Pasolini, Lennon e Lispector estaban nisto, sen abandonar nunca a humilde lei da gravidade e unha comunidade elemental de supervivencia que nos permite seguir, como creadores e como humanos. É máis unha decisión ética (case animal) que estética, dito sexa de paso. A creación artística non é un resultado da alta cultura, senón da máis baixa necesidade. Seguir lendo Tedio de fazañas bélicas

Joker: retrato da violencia que vén?(I)

15702823733067Ignacio Castro Rey. Retrato máis ben de certa dozura anómala. Ou da compaixón que vén, pois Todd Philips, nesta película que non deixa indiferente a ninguén, fala ante todo do sufrimento do ser humano, un tormento do perdedor que podería ser calquera de nós. Cando o protagonista baleira a neveira e se mete dentro, despois dunha infinidade de humillacións Seguir lendo Joker: retrato da violencia que vén?(I)