Arquivo da categoría: Marina Losada

Ecoloxismo e subsistencia

casa-ambientalmente-responsableMarina Losada Vicente. Desde que cambiou de colexio, a neta non o deixa en paz. Péchalle a billa mentres se barbea. Reclama que se pulse o botón secundario da cisterna para usos menores. O caldeiro coa auga de fregar o chan espera paciente, ao pé do váter, a que alguén deixe depósitos sólidos, evitando descargar once litros de auga. A nena é ecoloxista, o que lle parecen ben, así llo aprenden na escola e así o escoita el na televisión. Seguir lendo Ecoloxismo e subsistencia

Lóxica tributaria

declaracion-rentaMarina Losada Vicente. Viñeron xuntos recoller a declaración da renda. No ano 1978 a normativa do IRPF non era a de hoxe. Para facerse unha idea, apuntar que non se podía desgravar polos fillos varóns maiores de vinte e cinco anos. Polas fillas si. E deducíase por “esposa”, non por “esposo”. Como a marea do ano anterior fora moi boa, entraron preguntando pola dolorosa. A de Gustavo, casado e con dous fillos, daba a pagar noventa pesetas. Seguir lendo Lóxica tributaria

Círculos

CIRCULOMarina Losada Vicente. Gardabas memoria da lectura da noite anterior, o libro Más allá del inverno, de Isabel Allende, identificándote coa súa protagonista: “A los sesenta y dos años… tenía el cuello arrugado, la piel seca y los brazos flojos, las rodillas le pesaban y se había resignado a ver como se le iba borrando la cintura… Evitaba verse desnuda, porque vestida se sentía mucho mejor… El espejo, como las fotografías, era un enemigo inclemente, porque la mostraban inmóbil, con sus defectos expuestos sin atenuantes”. Seguir lendo Círculos