Arquivo da categoría: Marina Losada

Última testemuña

137946-dMarina Losada Vicente. O mango era un mango, certo, non podía ser outra cousa, o caso era saber o mango de que? Pouca importancia tiña para o caso algo tan redondo no seu contorno, tan suave ao tacto, tan indefenso na súa propia inutilidade, de goma dura ou dun plástico especial… pero que demo pintaba ao carón dun cadáver? E por que lle faltaba a cabeza -ao mango, non ao cadáver! Seguir lendo Última testemuña

Acción reacción

vieja-abuelita-de-la-historieta-con-mascarilla-contaminación-101741862Marina Losada Vicente. Non tiña bastante coa máscara, que agora leva gafas que se escurecen á mínima presencia de luz, polo que ten que sacalas na sombra. Non é pouca cousa, nunha muller de oitenta anos que baixa á vila, mañá e tarde, a facer compra ou a sentar nun banco da ribeira, cun tempo medio de vinte minutos viaxe, dependendo do que atope no camiño, que tanto fala con cabalos, burras ou cans como coa veciñanza, e que non entende de levar a máscara posta onde non hai xente. Seguir lendo Acción reacción