Marina Losada Vicente. Pareceume un comentario cruel. O peor, que estaba dirixido a un sector de mulleres castigadas, sen autoestima, feridas. A miña reacción foi a de ignorar á veciña coa que ía camiño da amizade. De non telo lido, non pecharía esa vía. De non telo lido? Estou discriminando a palabra impresa? Seguir lendo Palabra escrita, palabra dada?
Arquivo da categoría: Marina Losada
Enerxía masculina
Marina Losada Vicente. Vaise o meu ser feminino, seino. Ten data de caducidade ou simplemente se desdebuxa no ar, como as nubes se desvanecen sen darse de conta? En sentido inverso e proporcional (signos – e signo +), faise presente en min a enerxía masculina, que esperaba aletargada, conformada nese modo de facer que eu sempre identifiquei como de home. Seguir lendo Enerxía masculina
Centolas helvéticas
Marina Losada Vicente. Imaxínome contándolle á miña avoa a lei suíza de prohibir cocer as lagostas e especies similares en auga quente. Vivas. Imaxínome explicándolle que o animal o pasa mal, que sofre. Figúraseme que a resposta sería unha pregunta: -E lo, queixáronse as lagostas? Miña nai, paréceme a min, estaría máis disposta a atender, para algo ten unha neta vegana… Seguir lendo Centolas helvéticas
Herba mollada
Marina Losada Vicente. Esperaba diante do mostrador de rexistro, coa confianza de quen coñece o camiño, cun sinxelo vestido co que a nova primavera envolvía a súa pel morena. Acércaselle un compañeiro de seu pai, que lle sorrí mirando máis, moito máis, ao corpo que aos ollos. Sen apenas un saúdo, estámpalle un bico no papo do brazo, na zona do seu corpo que nese intre tiña máis á man, máis á boca. Helena quedou muda, cun desacougo que non foi quen de exteriorizar. Tal foi o noxo, e tan desagradable a invasión, que lle negou o saúdo desde aquel día, procurando cambiar de dirección de enfilalo. Seguir lendo Herba mollada