Marina Losada Vicente. Fun unha nena ghiada. Ese era o meu natural, igual que ser faladora, moi faladora. Os castigos que recordo na nenez son todos por darlle á lingua. Na escola, no taller de costura de miñas tías, na igrexa. Tanto que un luns quedei sen recreo por falar na misa dominical. Mais esta non é a corredoira que toca hoxe, a cabeza ten estas cousas… Seguir lendo Corenta de maio
Arquivo da categoría: Marina Losada
Bailarina ou “ninja”?
Marina Losada Vicente. En absoluto silencio, na procura da pouca luz que entra pola porta, intento saír do cuarto desfacendo primeiro a difícil postura na que acabei. Piso no bico dos pés, levando comigo o eco apagado do último retrouso, mil veces repetido. Temo tanto facer ruído, que case deixo de alentar. Seguir lendo Bailarina ou “ninja”?
Sentadiña quedei
Marina Losada Vicente. Sentei, vaia se sentei! Non quería, mais sentei. A vida é así. Un día manteste ao alto, erguida, segura… orgullosavitaldigna, e ao outro día, caes diante do esmagador peso da física. Durante o último ano, a cousa fórase dificultando, non podo dicir que me colleu desprevida, mais si que me sentín… como dicilo… desinflada.
-Vellos son os trapos- repetía miña avoa, se adxectivabas así a alguén. De aí que eu me sentise maior, en lugar de vella. Que me sentise á boia… en lugar de afundida. Que me sentise… que caramba, que me sentise minguada, como se me roubasen unha parte de min! Seguir lendo Sentadiña quedei
Alfa dobre A
Marina Losada Vicente. O primeiro, día e hora: Martes, 1 de decembro, 7.30. O ano dáse por sabido: 2020. Despois da presentación, anuncian, sobrados, que Xenética Xunta Gal ten para ti o mellor semental da contorna: Top-10 nas probas oficiais europeas. Incomparable. Grandioso. Único. Coa escolla do seu esperma, baixo pagamento hai que entender, quedarás máis que satisfeita. Seguir lendo Alfa dobre A