Marina Losada Vicente. Empatía é a facultade de pórse no lugar do outro. Ou da outra, máis difícil se partimos de certa dose de paternalismo. O médico recomendoume ir á piscina para frear os avances da miña doenza. Díxenlle que prefería outras maneiras de fortalecer as pernas. O facultativo insistiu no líquido elemento. Pedinlle alternativas ao aire libre, que son máis do meu xeito, sen deixar entrever os motivos polos que non podo ir á piscina. Pareceu molestarse. Como que eu non quería mellorar da miña enfermidade. Seguir lendo 540 euros
Arquivo da categoría: Marina Losada
A nai da miña irmá
Marina Losada Vicente. Poñamos que era máis feminina, se visualizas ordenada con femia. Poñamos que era de seu máis atenta coas cousas da casa, se confundes aprendizaxe con predisposición. Poñamos que Matilde era participativa de forma natural, cun enfoque altruísta sobre a cousa común. Seguir lendo A nai da miña irmá
Rimbombante
Marina Losada Vicente. Era o seu ritual, e leváballe idea, igual que lle levaba idea almorzar cando a muller xa recollera a mesa, varrera o chan, lavara a louza da cea e a do seu propio almorzo. Cando xa pasara un pano polo mesado e polas baldosas. A Nucha o que a levaba era o demo, pero non dicía nada. Seguir lendo Rimbombante
Auga e sangue
Marina Losada Vicente. – Avoa, se non tiñas braga, como facías cando estaban de regra?
– Un trapo amarrado á sintura cunha sinta, outra non había. Se manchabas a roupa xa se lavaría, non tiñamos tanta malisia como aghora. Sentabas e quedaba o regho de sanghe na pedra, pois quedaba, que importansia tiña! Seguir lendo Auga e sangue