Marina Losada Vicente. O pai chamou polo seu nome a meus irmáns. Eu deixei a vasoira no descanso das escaleiras, esperando oír o meu. Pasaron varios minutos e ningún Marina me sacou das sombras. Sentín o entusiasmo no cuarto que chamabamos “comedor”, aínda que non o era máis que nas festas grandes. Seguir lendo Sombra es…
Arquivo da categoría: Marina Losada
Corpo espectacular
Marina Losada Vicente. Atendía detrás dun mostrador. Aínda que a collera no baño, en canto sentía abrir a porta, corría ao seu asento. De ter que levantarse para facer unha fotocopia, por acaso, sendo o seu cubículo tan pequeno, a persoa do outro lado só podía pensar en como era quen de moverse entre aqueles andeis cargados de expedientes, libros de contas, a impresora, o deshumificador e, no inverno, unha pequena estufa. Seguir lendo Corpo espectacular
A lume apagado
Marina Losada Vicente. Pasaba despois de traballar a recoller a filla. Levantaba a tapa da tarteira e comentaba: Ai, que ben arresende! A sogra insistía en invitala a xantar ou en que levase para comer na súa casa. Non, que engorda. Tanta rutina collera que, estando de vacacións, á volta do ximnasio, a nora pasaba a examinar a tarteira Seguir lendo A lume apagado
Amoras
Marina Losada Vicente. O home grande pasaba ás sete da mañá. No camiño papaba todas as amoras que maduraran na noite, sen molestarse en coller aquelas que crecían por riba dos seus ollos.
A muller pequena pasaba media hora despois. Buscaba entre as amoras todas, incluso entre aquelas que lle obrigaban a estender brazos e pernas, sen alcanzar ningunha que estivera madura, nin imaxinar por que só había amoras negras fóra da súa man. Seguir lendo Amoras