Arquivo da categoría: Marina Losada

Xaque mate en catro pasos “non comentes nada”

Jaque-MateMarina Losada Vicente. 13,25 h. No lugar de Tallos, Dodro, María desafógase coa súa cuñada Rita. Non comentes nada. O xenro vén de Bastavales, de estar coa nai. Súa irmá Sagrario ten un cancro terminal, adiantoullo o especialista. Dado o seu cadro médico pedirán axuda da psicóloga para dicirllo.

14,00 h., Rita, non comentes nada, alíviase na filla que foi visitala a Burés. Seguir lendo Xaque mate en catro pasos “non comentes nada”

A conciencia da galiña morta

IMG-20190619-WA0002Marina Losada Vicente. Contoumo a filla, certificando que a súa nai era unha boa muller, de gran corazón. Tivera un pedido inusual aquela mañá.  Entrara na tenda Ricardo, un veciño da aldea, que non tiña cartos para cousa ningunha, moito menos para tales praceres, polo que difícil sería que volvese entrar alí. Pedíralle que lle matase unha galiña para o día seguinte, que tiñan algo que celebrar. Seguir lendo A conciencia da galiña morta

Negro perpetuo

depositphotos_15639083-stock-photo-panty-lineMarina Losada Vicente. A todas nos pasaría algunha vez, non é difícil de imaxinar, cando a saia e a combinación formaban un binomio indisoluble. O caso de Rosa foi ben máis chamativo. Loito perpetuo, agás na intimidade do seu fogar. Poucas persoas tiñas acceso a el, que xamais foi amiga de visitas, pero as que si entrabamos, non podiamos menos que sorprendernos, cada vez, de vela en roupa clara. Seguir lendo Negro perpetuo