Francisco Ant. Vidal Blanco. Eu tamén penso que un cantautor é un poeta, e polo tanto tan merecedor do Nobel como calquera novelista. E aplaudiría que, de vivir hoxe en día Martín Códax, Paio Gómez Chariño, Pero Rodríguez de Palmeira (de quen por desgraza non coñezo ningunha obra), ou calquera outro dos xograres do noso país, levasen ou fosen candidatos ó premio Nobel de literatura. Seguir lendo A voltas co Nobel
Arquivo da categoría: Música
Nick Cave levanta unha obra de arte coas cinzas do seu fillo
Gonzalo Trasbach. Con motivo dunha tráxica noticia, no verán do 2015 citei por vez primeira nesta páxina web a Nick Cave. Entón, relataba que, pese a que tiña unha ferida de morte no corazón, levoume da man ata a cabana de Karen Dalton, unha muller por cuxas veas corría sangue cheroquí, e que posuía unha das voces máis tristes da década dos sesenta. A segunda vez que o nomeei foi a conto de falar de “Mai e fillo”, o filme de Sokúrov que o australiano contemplara nun cinema do Soho londiniense, onde chorou dende o principio até o final. Pois ben, agora vou escribir de novo sobre o autor do fabuloso “The Boatman’s Call” (1997), o álbum que me vén sempre á cabeza cando paso por diante do Brompton Oratory, en Londres, onde, se mal non recordo, compuxo Into My Arms. Seguir lendo Nick Cave levanta unha obra de arte coas cinzas do seu fillo
Amamos a Kate Bush como Heathcliff a Catherine Earnshaw? (II)
Gonzalo Trasbach. Pero a pesar do triúnfo acadado con “Running Up That Hill (A Deal With God)”, un dos hit singles máis estraños e hipnóticos da historia da música pop, uns anos despois a nosa dama retirouse das luces da escena, dos focos do espectáculo, e novamente perdeuse na campiña inglesa. Uns falaron de cuestións persoais (quería parir e criar o seu fillo), outros aduciron razóns profesionais [a súa creatividade quedou atrapada nun charco de lama logo da decepción que supuxo “The Sensual World” (1989) e do despropósito que resultou ser “The Red Shoes” (1993) Seguir lendo Amamos a Kate Bush como Heathcliff a Catherine Earnshaw? (II)
Amamos a Kate Bush como Heathcliff a Catherine Earnshaw? (I)
Gonzalo Trasbach. Hai criaturas que temen a noite, a escuridade. Son as chamadas fillas da luz. Só son capaces de durmir cando comeza amencer. Pero hai outras que teñen querenza polos espazos de sombras e apartados, e por iso necesitan de vez en cando afastarse dos focos da vida pública, para vivir coma nunha especie de clandestinidade e así manter relacións cos espíritos, cos espectros, coas pantasmas, coa materia prima do sagrado. Estas son criaturas cunha vida moi guadianesca. Seguir lendo Amamos a Kate Bush como Heathcliff a Catherine Earnshaw? (I)