A voltas co Nobel

dylanFrancisco Ant. Vidal Blanco. Eu tamén penso que un cantautor é un poeta, e polo tanto tan merecedor do Nobel como calquera novelista. E aplaudiría que, de vivir hoxe en día Martín Códax, Paio Gómez Chariño, Pero Rodríguez de Palmeira (de quen por desgraza non coñezo ningunha obra), ou calquera outro dos xograres do noso país, levasen ou fosen candidatos ó premio Nobel de literatura. As súas composicións, que nós só coñecemos en forma de poema, tamén estaban feitas para ser cantadas e acompañadas de instrumentos musicais, e por iso mesmo que llo desen a Bob Dylan non me parece mal; a pesar de que nin descolgou o teléfono para recibir a noticia nin, seguramente, vaia a recollelo, o que tanto se pode entender como un acto de demasiada humildade como de demasiada soberbia.

Certamente, o deste ano sorprendeunos a todos, acostumados a nomes e obras máis canónicas, pero aínda confesando que tiña as miñas apostas sobre outro tipo de literatura e outro tipo de escritor, tamén entendo que os cantautores son máis poetas ca músicos, unha modalidade máis das voces da conciencia. ¿E que é a literatura senón voces da conciencia? Por certo, moi apreciados na Barbanza, onde Krahe ten a súa homenaxe en forma de escultura. E xa ía sendo hora de que alguén se atrevese a dicilo con feitos, como o ano pasado o dixeron do xornalismo e algún día recoñecerán ós guionistas, verdadeiros encofradores da cinematografía.

letrasAínda así, o Nobel, coma calquera premio con varios candidatos sempre adoece dunha aura de inxustiza. Todos temos ós nosos particulares nomeados en cada materia, e todos sufrimos cando os escollidos non son os nosos. Eu votaría por Lobo Antunes para literatura e por Stephen Hawking para o de física, pero nunca acerto, como non acerto co profesor Carballo Calero para o Día das Letras, porque os académicos sempre están moi por encima dos simples mortais.

Agora tamén é cando entendemos a razón desa tardanza da academia sueca para atreverse a dar o nome do gañador deste ano, cunha semana de retraso por primeira vez na historia, o que nos demostra que non foi doada a escolla nin a valentía para comunicalo, que hai moitos cantautores, poetas, escritores e escribidores para merecelo e aumentar esa diverxencia que o comité dicía non ter pero tíñaa, e non é de estrañar. Agora só falta saber se a Dylan lle deron o premio por non darllo a outro, ou se con este se abre un novo recoñecemento dentro do Nobel, que perda o apelativo de literatura e pase a ser de artes en xeral, onde ademais dos escritores entre outro tipo de creadores. Porque por faltar faltan moitas materias nos que veñen a ser os máis grandes galardóns da cultura, por exemplo, eu boto en falta que cando algún matemático o recibiu só foi por aportacións a outros campos, como a física ou a economía; e retiraría o da Paz vendo a traxectoria que levou na maioría dos casos.

Pola miña parte, esta semana estou lendo os versos (letras) das súas cancións, e só agardo que con Dylan non pase o que pasou con tantos literatos galardoados, cuxa obra post-nobel deixa moito que desexar.

4 comentarios en “A voltas co Nobel

  1. Tus entradas aunque sean tardías son siempre bien recibidas por el lector Gonzalo . Desconocía que le hubiesen llamado maleducado a Dylan y me hizo gracia que denominases al ” mercenario de opinión ” de onanista y corto como literato. Mira que a lo mejor aún se enfada Judá que compares a su hijo Onán con el intruso que se enfadó porque a Dylan le diesen muy merecidamente ese casi millón de euros.
    Saludos palmeiráns amigo Gonzalo

  2. Yo también estoy de acuerdo Francisco, la literatura es el arte de la palabra y en este caso esa palabra está acompañada del arte de la música que todavía es más satisfactoria. Es cierto que la obra de un escritor es bastante más dilatada que la de un letrista de canciones pero el provecho no está en la proporción de lo que se escribe o lee, está en como se escribe y el lector, en como lo digiere.
    Besiños palmeiráns querido amigo.

    1. Perdoade que entre moi tarde neste artígo. Fixera a promesa de que non entraría nesta polémica, porque a mín nin me preocupaba. Pero Dylan é moito Dylan e falando del pódese obter algo de…(fama?). O que fixo que rompera a miña promesa foi ver e ler a un mercenario da opinión nun xornal de Galicia chamarlle maleducado ao de Minesota. A quen insulta, ao persoeiro (Dylan) ou ao xudeo-persoa chamada Zimmerman? En calquera caso: as polémicas pandémicas reaccións á “nobelización” de Dylan polarizanse da irritación -porque o da literatura semella quedarlle grande ao intruso- ao onanismo -pois todo galardón devirá minucia para o ídolo. Das celebratorias, a máis destacada sería a que afirma que non foi o cantante quen gañou o Nobel, senón ao revés. Os literatos do bando detrator, aseguran que Dylan non é un escritor “da capo”. Ademais, o Nobel, como os Oscar, non mide a totalidade nin aspira a elo. O premio, que lle reportará case un millón de euros, no o fará mellor nin peor. Por enriba da súa cebada dimensión de mito, en posesión ase mesmo dun Pulitzer, a pervivencia dunha incesante e cuantiosa obra determina por si soa que o seu sexa un suceso de estima, alleo a polémicas e algarabías, con ou sen Nobel. Polo demais, compañeiro Francisco estou con moitas das apreciacións que fas no teu texto. Con todo, unhas preguntas. Que pasaría se Dylan fora galego ou español? Quen se atrevería a chamarlle maleducado? E que valor ten charmarlle maleducado a un cantante que nin sequera lerá o citado artígo xornalístico e que vive a miles de kilómetros de distancia? Talvez para entronizar aínda máis o ego: eu, mi, me, conmigo. Que machote son. Amén.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *