Arquivo da categoría: Música

“My Life In The Bush Of Ghosts”, unha perla atemporal

64170463Gonzalo Trasbach. No “Fear Of Music” (1979), o terceiro LP dos Talking Heads, hai unha canción I Zimbra, onde as guitarras estridentes e unha percusión omnipresente, case delirante, constituía unha mestura explosiva na que xa se podía adiviñar a posibilidade de compoñer este marabilloso “My Life In The Bush Ghosts”, un álbum que é froito da colaboración entre David Byrne, cantante e compositor de Talking Heads, e de Brian Eno, que tras o seu paso polos Roxy Music de Brian Ferry, empezou a exercer Seguir lendo “My Life In The Bush Of Ghosts”, unha perla atemporal

Algunhas xoias da colleita do 71

gallery_mediumGonzalo Trasbach. Neste 2021 fai 50 anos dunha excelente colleita musical. A que se sementou no 1971. Daquela acababamos de entrar nunha nova década, xa sen The Beatles e sen Jimi Hendrix, entre outros. A era dos setenta arrancou trala tráxica coroación dos prodixiosos 60, cando nos seus estertores tivo lugar o sanguento pesadelo do Festival de Altamont en San Francisco (USA). Seguir lendo Algunhas xoias da colleita do 71

Nick Cave: novo disco e obra lírica (II)

61eMXVOpsALGonzalo Trasbach. “Obra lírica completa” (1978-2019), editado por Libros del Kultrum. Segundo nos ten dito o grande poeta Wystan Hug Auden (21, febreiro, 1907-29, setembro, 1973) a experiencia traumática non é un accidente, senón a oportunidade que o neno está agardando pacientemente; de non ter sido esta, habería outra para que a súa vida se convertese nun asunto serio. A morte do seu pai, acontecida cando só tiña 19 anos, foi a experiencia traumática de Nick Cave, unha doenza clave para que buscase darlle unha forma á dor que lle causaba, para, mediante a linguaxe, levantar un templo cos materiais da ausencia que o torturaba, unha experiencia que lle deixou un baleiro que só o relixioso, o sagrado ou Deus podía encher Seguir lendo Nick Cave: novo disco e obra lírica (II)

Nick Cave: novo disco e obra lírica (I)

NC-Idiot-Prayer-Static_1080x1080-1024x1024Gonzalo Trasbach. Tivemos no mes de novembro dúas marabillosas noticias sobre Nick Cave. Primeiro atopámonos cun libro de precioso formato que recolle a súa obra lírica completa e xa nos últimos días do mes puidemos escoitar o seu fabuloso novo disco: “Idiot Prayer: Nick Cave Alone At Alexandra Palace”.

Os que somos afeccionados á música contemporánea sabemos do monumental legado do músico e escritor australiano afincado en Inglaterra. Seguir lendo Nick Cave: novo disco e obra lírica (I)