Arquivo da categoría: Narrativa

Cuestión de datas

?????????????????????????Marina Losada Vicente. Tivo mala sorte, moi mala sorte. Un cambio de nome da súa rúa provocou que cando foi á policía renovar o carné lle pediran un certificado de empadroamento. Cando llo levou, a axente reparou en que aparecía como nada no 1946 cando no DNI constaba o 1948. Celsa insistiu que iso non era problema dela, que a data do novo documento tiña que ser a mesma que a do vello. Seguir lendo Cuestión de datas

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXIV. Jorge Luis Borges

EstanteRomán Arén. Falar de Borges é traer á memoria, para moitos lectores, a súa narrativa, mais o arxentino foi un gran poeta e ensaísta, ademais de antólogo, tradutor e crítico. Non foron poucas as amizades galegas de Borges na Arxentina, onde tantos dos nosos estaban emigrados ou exiliados. Outros intelectuais arxentinos era de orixe galega (os Borges eran de orixe portuguesa) e, entre eles, salientaba Francisco Luis Bernárdez, o cuñado de Cortázar, bo poeta conservador e moi católico, moi amigo de Borges na mocidade. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXIV. Jorge Luis Borges

O “Mundo feminino” de Graham Rawle

Graham Rawle - Woman's World portadaAlberte Pagán. O meu primeiro encontro com a obra de Graham Rawle tivo lugar nos anos noventa no Weekend Guardian, no que publicava semanalmente as suas bem-sucedidas Lost Consonants. Estas vinhetas cómicas, sustentadas em jogos de palavras e de imagens e ideais para a aprendizage do idioma, bebem dumha longa tradiçom humorística na literatura em inglês que nace dos calembures de Shakespeare e desemboca nos trocadilhos a grande escala de Finnegans Wake, passando polas palavras híbridas e acrónimos de Lewis Carroll. As suas posteriores Bright Ideas, publicadas em The Times, continuam esta veta de engenho e humor inteligente. Seguir lendo O “Mundo feminino” de Graham Rawle