Fidel Vidal. Un “agasallo para o intelecto”, así foi como a crítica definiu A Analfabeta: Relato autobiográfico, de Agota Kristof (Alpha Decay, 2015). Trátase dunha biografía condensada en once capítulos, ou fragmentos dos mesmos, e non por iso, ou polo mesmo, deixan de estremecernos. Seguir lendo As linguas inimigas
Arquivo da categoría: Narrativa
Principio do desquite
Marina Losada Vicente. Aí está, cun caderniño apuntando os prezos, Ana, herdeira dunha empresa que ía cotizar en bolsa! Tendo conta do que pode gastar, como unha mendiga! Non se lle nota na roupa, que a leva impecable, mais non é de tempada. Seguro que é ela a que lle pasa o ferro! Seguir lendo Principio do desquite
A cara oculta de Pelé
Xerardo AgraFoxo. O autobús deixoume nunha estación pequena. Non sabía onde estaba e dirixinme a un empregado que, algo desconcertado polas miñas preguntas apresuradas, me explicou que chegara a Porto de Santos. Aínda que me dixo que alí non atoparía onde aloxarme, puxen a mochila nun ombreiro e camiñei decidido cara ao centro histórico. Pola súa faciana decadente e tendas cativas semellaba un barrio do centro d’A Habana. Seguir lendo A cara oculta de Pelé
Libros a ter en conta: “Anacos de vida” de Víctor Rivas
Pilar Sampedro. Hai libros que se saen dos límites prefixados; algo así pasa con Anacos de vida. Un libro de imaxes que, segundo David Rubín, “son máis de banda deseñada ca ilustracións en si mesmas, xa que están cheas de ritmo e narrativa”. Concordo con el porque cada lámina dá para poñer en marcha un relato, e tamén concordo coa editorial en que estas imaxes van acompañadas de pequenos textos a modo de sinxelas cantigas populares Seguir lendo Libros a ter en conta: “Anacos de vida” de Víctor Rivas