Arquivo da categoría: Narrativa

Ara pétrea

nacimiento-del-minoXosé Manuel Lobato. Dende esta ara pétrea de arquitectura natural, onde o suave, maino e velaíño murmurio, dunhas augas natalicias agarima unha paraxe de ensoño no seu espontáneo xurdir.

Neste pétreo retablo gótico, icona dunha gran catedral rupestre, formada polo fluvial desprazamento dos primeiros átomos acuosos do pai Miño, que achega os seus folgos e latexos vitais a unha terra sedenta de xustiza e autoestima de seu. Seguir lendo Ara pétrea

Manuel Hermida Iglesias, Noia como paixón

O Escritor. Efemerides_noyesasPastor Rodríguez. Nado en Noia en 1930, Manuel Hermida Iglesias foi incasable no seu interese por todo o que fixese referencia a Noia, os seus feitos e as súas xentes. Coautor, con Xosé Agrelo Hermo, do volume Efemérides noyesas, editado en Compostela en 1971, alguén debería recoller os seus traballos na prensa sobre a súa vila natal. Moitos destes traballos apareceron na revista Alameda entre 2000 e 2004, e entre estes poden lembrarse “A rúa da Corredoira de Luis Cadarso cincuenta anos atrás”, “Aquela rúa inesquecible”, “O hórreo senlleiro”, “Unha rúa moi entrañable”, “Lembranzas sobre Noia no ano de Avilés”, “Centenario do nacemento de Basilio Fernández Barbazán” Seguir lendo Manuel Hermida Iglesias, Noia como paixón

Ludistas radicais

X. Ricardo Losada. Cóntame un amigo que acaba de chegar de Nova York que nos círculos artísticos desa cidade a calquera que non teña conta en Twitter chámanlle ludista radical. O ludismo foi un movemento de principios do século XIX encabezado por artesáns ingleses que protestaban contra as novas máquinas (teares e máquinas de fiar) da Revolución industrial Seguir lendo Ludistas radicais