Arquivo da categoría: Narrativa

O nigromante, ensaio para un conto de terror

711jlbtwBaL._AC_SX522_Domingo Regueira. Nunha sesión de control, as rústicas forman un cono truncado na praza do Rueiro para indagar sobre a entidade dun foráneo, que ven establecerse no barrio.

Con ollares de pelouro e bocas de asubío, polo branco do ollo reparan unha solaina.

—Din que alugaron a casa!

—Pois…, disque si; e quen vén para ela?

—Falan dun necrófago. Seguir lendo O nigromante, ensaio para un conto de terror

Seleccións temáticas de libros infantís e xuvenís

CUBERTAClorofilaPilar Sampedro. Neste afán por dar a coñecer seleccións bibliográficas ao redor dunha determinada temática, de forma que as familias, os centros educativos,as bibliotecas públicas e todas aquelas persoas interesadas nesta produción teñan acceso aos títulos máis representativos, GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Galego) pon á súa disposición unha nova Guía, neste caso, relacionada co medio ambiente. Clorofila en letra para curar o planeta é o seu título. Pártese da necesidade de que a rapazada se comprometa coa natureza, unha vez que se ten demostrado que os Estados e os seus Gobernos están máis interesados nas cuestións económicas e de mercado que en deixarlles o planeta nas mellores condicións. Seguir lendo Seleccións temáticas de libros infantís e xuvenís