Melas 10-VI-2010/13-V-2022.

O FÍO DE ARIADNA. Maio 2022Uxía Casal. Malia os sustos que nos deu ao longo da súa privilexiada existencia, Melas foi zafando de todos eles e gozou da súa caninidade con plenitude. Desde aquela boliña de pelo negro, fino e brillante que choraba na palma da man aos trinta e pico quilos de cadela en que se converteu, experimentou tantas vivencias que non caberían en calquera biografía. Só temía as tormentas e os foguetes que os humanos se empeñan en estourar para celebrar as súas festas, así como a todo o que lle cheirase a menciña, incluída a inocente veterinaria. Toda tenrura cos da casa e desconfianza cos estraños, era capaz de agasallarnos con momentos impagables de agarimo ou soltarlles rexos ladridos de advertencia; a súa empatía levábaa a consolarte con sentidas lambedelas; a súa afouteza e curiosidade téñena metido nalgún apuro por querer achegarse demasiado ao xabaril; a súa ansia por descubrir que había no subsolo mantíñanos a horta ben aireada e defendida de toupeiras. Dela aprendemos que cada individuo é único, que non hai dous iguais; que a alegría se manifesta de mil xeitos e a tristura, de bastantes menos; que o medo se domea se hai apoio; que as mágoas non duran para sempre; que o amor é o máis rico do mundo, e que sentirse amado reborda a alma de tenrura. Melas aprendeunos, sobre todo, a ser mellores persoas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>