Arquivo da categoría: Narrativa

Invertido a calzonazos

H0f9f57af0dca403dbd5a1d09324c3d139Marina Losada Vicente. Acabo de coincidir co señor Avelino comprando bragas no mercado. Diante da súa inseguridade, fixo o pedido moi baixiño, e da distancia física que garda co xénero, como non querendo tocar algo prohibido, a miña cabeza lévame a pensar que a súa muller está impedida dalgunha maneira.

Sería meu pai capaz de facer o mesmo? Moito tería que ser! Aínda que non quere saber nada da Internet, antes pediría facer un curso acelerado para aprender a comprar na distancia Seguir lendo Invertido a calzonazos

Nas terras vermellas do Brasil

978841249106Eme Cartea. Outono do 2018. 45 días de viaxe.De Olinda –Pernambuco– a Río de Janeiro. Catro mil km de descuberta e abraio por este país “desmesurado” que é o Brasil…onde “se sente ben o pouco que é un home” (que diría Novoneyra).

Xerardo AgraFoxo, historiador, ensaísta, novelista e viaxeiro. Este é o seu terceiro libro de viaxes. Antes, Cuba (2014) e o Senegal (2018). E a cana a pescar… Un libro de aventuras e andanzas íntimas e personalizadas, ganduxado e tecido en fondo, forma, estilo e vasta información de grande interese para o lector. Seguir lendo Nas terras vermellas do Brasil