Arquivo da categoría: Óscar Reboiras

A atracción

atrapadoÓscar Reboiras. É superior a min. Quero escapar pero non podo. Míntome a min mesmo. Dígome que só cinco minutos máis, sabendo que se eses minutos se van estirar como unha goma de mascar ata facerme perder a noción do tempo. E volvo a mentirme ao día seguinte. E ao outro.

Porque si, vivo pegado a unha pantalla. Non me refiro tanto ás oito horas de xornada laboral, diante do ordenador do traballo, como ás que me absorben o siso despois. Acendo o móbil, coa ansiedade de quen pensa que o mundo puido cambiar dende onte e descúbrome vendo vídeos de xente que fai playbacks en TikTok. Seguir lendo A atracción

María, a cabreira

MariaÓscar Reboiras. A última vez que coincidín con ela foi hai 7 anos. Daquela, ao igual que nesta ocasión, eu ía en bicicleta de montaña cara ao miradoiro do Pico Muralla. Vina no alto de Campelo, nunha pista de difícil acceso, chea de pedras e rodeada de toxos. Camiñaba coa seguridade dun sherpa que mira o mundo dende as alturas, coa sabedoría e a humildade que desprende a montaña. Seguir lendo María, a cabreira

Máis pantalleo e menos postureo

pexels-photo-3779770Óscar Reboiras. A miña nai adoita coller o autobús de liña. Non ten coche, polo que cando precisa facer un recado a Rianxo, ir á piscina ou visitar o médico, vai ata a parada que hai na aldea. Parada é moito dicir, porque non existe nin marquesiña nin algún indicativo. É simplemente un cruce no que para o bus e listo. O caso é que, durante as esperas, tamén se aburre. A miña nai é de chegar con tempo. Seguir lendo Máis pantalleo e menos postureo

Fiestras

Foto: La Voz de Galicia
Foto: La Voz de Galicia

Óscar Reboiras. Cada día, ás oito da tarde, saiamos en parella á fiestra para aplaudir. Durante sete semanas, xa fixese vento ou chuvia, abríamos as folla do cuarto e descubríamos unha rúa na que a vida e os seus habitantes xurdían detrás dos cristais. A pesar de vivir nesta rúa dende hai unha década, teño que confesar que non coñecía a maioría dos meus veciños. Seguir lendo Fiestras