Arquivos da categoría Mauricia Ces Quintáns

O tempo invisible

Reloj_de_arena_mostaza_1_1024x1024Mauricia Ces Quintáns. Ninguén mellor para adicarse á escrita. Ninguén mellor, para perder o tempo tentando escribir. Non o teño. O tempo tenme a min e non sabe que facer comigo. Non controlo o mecanismo. As horas sucédense iguais ata desaparecer fulminadas pola escuridade. Evapóranse. Como o orballo que deixa a chuvia tras de si. Sen rastro nin pegada do seu paso nalgunha gota extraviada no pétalo dunha mimosa que agroma feliz os seus ollos ao sol. Continue reading O tempo invisible