Ruralízate

fio de ariadnaMoisés Suárez. Agardo que o feito de que o home que sae na foto sexa o pai da miña tía Fina sirva para eximirme de calquera dereito de autor que non teño. Se non enleareime nunha vórtice  xurídica contra toda a corrección política que nos invade. De aquí a que o xuíz dite unha sentencia, entre folga e folga,  talvez mudaran os tempos tanto coma desde que pola ponte da Pasaxe circulaban as vacas en hora punta sen concorrencia  con ningún vehículo.

O meu parente vai pola beirarrúa. Aínda que para el, que falaba galego, aquilo non era beirarrúa que era acera. Levaba a vaca atada polo pescozo a risco de ser acusado de maltrato animal. Aínda que por outra parte, así, a ollo, creo que cumpría coa separación de metro e medio como distancia de seguridade do animal. Evidentemente carece de chaleco reflectante nun acto de imprudencia e o seu vello gabán non cumpre coas esixencias da roupa de seguridade aconsellada no manexo animal.

No seu descargo teño que dicir que traballaba leiras a un e outro lado da ponte  e que calquera aseguradora consideraría un contratempo coma accidente in-itinere.

E tamén que daquela nin sequera existía unha Consellería de Medio Rural que investise cartos públicos nos xornais con anuncios de ánimo co lema “Ruralízate”.

3 comentarios en “Ruralízate

  1. Moisés: Muy buena tu narrativa, y fotografía, con la realidad de aquel entonces. Poco o nada podemos reclamar con los tiempos que corren. Como tú bien dices: “bastante teñen con defender o precio do seu leite”. Mis saludos desde este bello rincón de Palmeira.

  2. Boas tardes. Creo que desta volta zafarei de pagar dereito ningún. Máis que nada porque un dos protagonistas da foto, o de duas patas, aínda toca na familia. E polo qe respecta os herdeiros dos dereitos da vaca fai tempo que desistirón de reclamar calquér dereito pola imaxé. Bastante teñen con defender o precio do seu leite.
    Saúdos desde Arzúa.

  3. Buenos días, o casi buenas tardes, Moisés:
    Aunque te asomas de tarde en tarde por aquí, el café que contigo tomamos, nos sabe muy bien porque nos atiendes a todos con notable eficacia. Me ha gustado- como siempre- tu entrada. Muy buena.
    Espero que no tengas que pagar ese copyright por la bonita foto.
    De aquí a la Arzúa, Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>