Un habitar máis forte que a metrópole

9788415862635_01Ignacio Castro Rey. Polo menos neste país, un nunca saberá moi ben a que se dedica a esquerda. Á parte, está claro, desa eterna partida de dominó con distintas elites apoderadas. Tamén entre elas a lectura está en declive, coma se o progresismo aspiracional tivese suficiente cos clásicos do seu santoral, que citan de memoria sen lelos, e coa bendita “trampa da diversidade”, aínda que ese outro libro poucos (a pesar das vendas) lerán. Por non saír do seguro, nin se atenderá a Fahrenheit 11/9, pois o documental é complexo e ideoloxicamente non aliñado. Non esquezamos que o capitalismo, no sentido espiritual que dicía M. Thatcher (para quen a economía era só un medio), é precisamente unha incansable ideoloxía de selección que ignora o que sexa problemático e non estea en primeira liña da eficacia pública. Non hai por tanto unha crise do papel, senón unha crise da pel, do encontro, da procura e da presenza mesma, con todas as súas pantasmas. E a esquerda seguirá cómplice do sistema mentres se alimente das mesmas fontes secundarias que “todo o mundo”, desa rotación incansable dos comentarios, de revelacións que non revelan nada, excepto máis comentarios que serán desmentidos ao día seguinte. Parece que calquera cambio real será imposible mentres a súa vangarda sexa presa do índice de audiencia.

Moi afastado do confort destas portas xiratorias da ideoloxía (ao fin e ao cabo, un subproduto degradado da relixión), continúan agardando algúns raros libros, algúns autores. Entre eles, o que emana da órbita de Tiqqun e o Comité Invisible. Seguindo este rastro coñecemos hai uns meses Un habitar más fuerte que la metrópoli, un estraño e belo libro do Consejo Nocturno (Pepitas de Calabaza ed.) que xungue a desvantaxa de ser rotundo o feito de estar pensado desde México, un país que, grazas ao racismo da información, imaxinamos encharcado de mariachis, turistas, feminicidios e narcos.

O primeiro que hai que dicir deste fermoso e breve volume de pouco máis de cen páxinas é que non se trata en absoluto dunha mera copia, unha homenaxe a anteriores documentos europeos, aínda que garde unha boa relación con eles. Á marxe dos tópicos, a cultura que pariu Pedro Páramo segue manando illas dunha radiante soidade. Fíxense: “Un iglú no es más que la continuación por otros medios del viento glacial, pero vuelto habitable” (p. 106). Pois ben, a lóxica dunha exterioridade común que irrompe só a través do continxente permite que neste texto o enigma comunitario reconstrúa sen cesar as nosas habituais situacións. Este libro é primeiramente unha subversión das nosas percepcións urbanas. Para os militantes do Consejo Nocturno o poder ten acadado confundirse co ambiente mesmo (p. 12). Nesta óptica o “sistema”, alí onde o alternativo é sen cesar reintegrado, non é nada distinto ao tempo regulado no que se presenta o canon informativo do mundo; unha actualidade imperial diante da que sempre estamos en falta. Isto é co que estes mozos militantes rachan.

Un-habitar-más-fuerte-que-la-metropoli-imagen-destacadaO líquido amniótico que nos protexe paralizándonos, este “ectoplasma dislocado”, converte a multiplicidade na arma ideal dun poder de xeometría variable. A calibración molecular das subxectividades prodúcese no folclore multicultural. O Consejo Nocturno cita a Deleuze coma o pensador dunha autoestrada sen fin que é á vez a forma extrema de control. A circulación veloz encarna un modo polimorfo de fixación, unha maneira de encerro que coincide coa liberdade de expresión. Mentres a liberdade de acción sexa nula, baixo o isomorfismo imperial un pode ser punk, pornoterrorista ou doutor en estudos subalternos (p. 77).

Para romper con este poder algodonoso, habería que buscar novas formas de achegamento que suspendan a desconfianza metropolitana (p. 93). A metrópoli non é tal ou cal dispositivo, senón unha localización difusa que ten o seu eixo no medo a habitar a comunidade terreal, un medo que conseguiu estenderse. Participamos nunha guerra mundial entre o invento chamado Home e os terrestres. En tal aspecto, tamén nunha festa rave dos suburbios hai algo de metrópole (p. 38). Vivimos baixo unha sorte de dogma portátil. O noso celebrado nomadismo posmoderno é en realidade unha forma xenial de inmobilidade cuxa cobertura se reproduce por todas partes. Bástalle para iso duplicar a singularidade común nunha minoría recoñecible, nun xesto numérico ou nunha nova marca. A nosa domesticidade esixe que todo exterior deveña interior (p. 51).

per l'autonomia per il communismoHipsters e xentrificación: a estética masiva é a policía. A presenza violenta de forzas represivas pode moi ben ser suplida por mandas de consumidores de Zara con miles de bolsas (p. 18). Sobrevivimos baixo estes modos distantes de socialización sen convivialidade. Entre nós toda forma de socialización (Simmel) coincide coa máis metódica disociación ( p. 27). A metrópole reúne a fragmentación dos seres, pero en canto separados. De aí este aire de holograma que ten o cidadán medio. Está illado na súa mesma forma de estar presente, nunha ausencia equipada de conexións. Con elas a anestesia aplícase sen cesar ante o avance mundial da catástrofe. Pero tal sedación é en si mesma catastrófica, pois acóuganos ao prezo de expropiarnos daquilo que podería espertar, afastándonos dunha forma de vida que empuñe a continxencia absoluta que somos. Para quen flota non hai nada próximo. A lista interminable de desastres exteriores tapa a catástrofe que arrasa as almas, o ser mesmo do que nos rodea.

A poboación é ela mesma unha mercadoría no medio dun poder que se confunde co goce (p. 64). E gózase tanto escravizando á xente como liberando aos supostos escravos á marxe deles mesmos.  Inside  every  gook  there  is  an  American  trying  to  get  out!  ( p. 15). Pero ningún imperio, por acéfalo que sexa, poderá impedir que se multiplique unha entropía potencial alí onde xurda un dispositivo de control. DgzaEUuU0AAinRLPara iso só fai falta que resucitemos a vella coraxe de poñer un pé na zona de indeterminación que nos une a calquera ser e que xamais pertencerá á historia. Unha potencia destituínte do espectáculo metropolitano espera noutro uso dos corpos.

Mentres tanto, levantar unha barricada non é moito se non se sabe como vivir detrás dela. Trátase entón de “aliñarse cos furacáns” ( p. 84). Non promovendo o pánico, ao modo da esquerda virtual; tampouco difundindo o cinismo, á maneira de certo conservadorismo alternativo. Habitar plenamente, establecendo outra relación de amizade coa sombra de cousas e persoas, é un xesto revolucionario que permite cancelar, nun momento crucial, toda cartografía ( p. 98). Habitar é conectar co fóra, cultivar a irmandade das súas criaturas. Cambia o mundo sen tomar o poder, pero constituíndo unha potencia que resiste calquera vontade imperial de transparencia. Para iso só debemos, di este libro citando a Clastres ( p. 111), levar a tribo sempre con un. Xa ven que no atrevemento destes mozos pensadores a subversión comeza por rebentar a nosa igrexa ilustrada.

2 comentarios en “Un habitar máis forte que a metrópole

  1. Exacto, querida, la Yenka es el resumen del aburrimiento que nos producen todas las variantes del arco parlamentario. Ya lo decía hace tiempo un sabio español: en política solo se meten lom que no vale para nada común, en concreto. Apertas.

  2. La izquierda o la derecha, querido Ignacio, sabe bailar muy bien la yenka. ¿ Te acuerdas de la letra? según les convenga saben dar muy bien los pasos necesarios para bailarla: “Izquierda, izquierda,
    derecha, derecha,
    delante, atrás, y un, dos, tres”.

    La falsa sensibilidad, con el tiempo se manifiesta.
    Voy a contarte una anécdota que leí hace mucho tiempo:
    Un tal Juan de Robles, después de una vida poco escrupulosa con el dinero ajeno, ya cerca del temido Juicio Final, decidió reparar su falta de sensibilidad fundando un hospital para menesterosos.
    Los hermanos Quintero le dedicaron estos merecidos versos:
    “El señor don Juan de Robles
    de caridad sin igual,
    fundó este santo hospital…
    pero antes hizo a los pobres.

    Una vez en el poder, la yenka, querido Ignacio, todos la bailan de maravilla.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>