Algodón branco

braga-calada-3227-pack-6Marina Losada Vicente. As bragas, como serán as bragas? A súa mellor amiga convídaa a ir con ela ás augas e xamais lle viu as bragas, nin sequera no cordel. Visten ben diferente, dentro das mesmas posibilidades. Amalia tan de escuro, sobria, discreta… Máis que solteira diríase viúva. Remedios colorida,  informal, sen chegar ao exceso por non parecerse á súa neta. No balneario compartiran cuarto. Remedios busca bragas máis do xeito de Amalia, para non ferila na súa intimidade.  Algodón branco, que é o que sempre lle poñen diante as vendedoras, en atención á súa idade. Merca media ducia, todas iguais, e ri só de pensar velas no tendal cando volva, as bragas de súa avoa, que en paz descanse. Co pensamento a man dereita sobe ata a cara, en busca dunha cruz que ela corta no camiño, finxindo limpar algo na fronte.

                As amigas vense nas ocasións, polo que cando Amalia a chamou para que fose con ela tomar as augas, sabendo que xa levaba uns quince anos indo soa, contestou que si de inmediato, imaxinando que a súa amiga de xogos, recatada na súa soidade, entrara nesa fase da vida na que non se pode dar un paso sen agarradoiras.

                No cuarto, cada muller na súa cama, Remedios pide perdón por se ronca un algo.

                —Estou afeita, Xerardo roncaba -apunta Amalia-. Esta é a primeira vez que veño aquí sen el. Mañá se queres, mentres tomamos os baños, falareiche dunha paixón da que non dei conta ata hoxe.

4 comentarios en “Algodón branco

  1. Que bonito, Marina. Encántame esa pequena narración, que me lembra sorpresas semellantes, e outras que nada teñen que ver!
    Parabéns!
    Encarna Pego

  2. Boa tarde, Magdalena; As veces o segredo está en quen decide non saber. En quen se queda na superficie. Preguntar implica dar respostas. E ainda desde na superficie, hai amistades que se manteñen sempre con boa saúde. Bicos

  3. Ya ves, Marina : “El hábito no hace al monje”. Recuerdo que cuando yo era pequeña había una señora vestida de luto riguroso, muy mayor – podía ser mi abuela – que fumaba a escondidas, todo el pueblo lo sabía por el olor que siempre su ropa emanaba. Por aquel entonces, no fumaban las mujeres en un país que era pura arqueología. Un día, no recuerdo el motivo del por qué de mi falta escolar, me fui para la playa y vi que por detrás del “casqueiriño” (una piedra muy original que se asemeja a un avión ) había señales de humo y fui a inspeccionar si eran los sioux o los comanches. Allí estaba la susodicha señora apoyada con la espalda a la piedra, en la mano izquierda, el cigarro, en la derecha un pequeño recipiente del cual asomaba a los labios después de cada calada, y a su derecha, tres botellitas muy pequeñas de plástico transparentando contenidos de diferentes colores. Ahora pienso que tal vez eso fuera algo parecido al “Cóctel Perico”.
    Me marché con mucho sigilo después de admirarla un buen rato, y me llevé conmigo la certeza de que esa mujer no quería dejarse robar la intimidad, y yo no era quien para hacerlo.
    Querida Marina, esas bragas de algodón, seguramente fueran testigo de esa pasión que quería compartir Amalia con Remedios. Me encantaría conocer el secreto. Posiblemente las de encaje que Remedios había dejado en casa, se quedaban en eso: en simples aburridas bragas con puntillas.
    Tus meninges saben trabajar, Marina. Hasta el próximo episodio.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *