Como vimos sendo

Matalobos

Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Viña o amigo Xulio da casa dun familiar lucindo a nova gorra que lle trouxeron os Reis Magos, cando unha veciña, ó cruzarse con el espetoulle: «Pepe, xa levaba tempo sen verche». E inmediatamente a muller botouse a man como un ferrollo para tapar a boca, volveuse vermella e ficou fría. Xulio non lle replicou. Deulle un bico e felicitoulle o ano sen máis.A veciña acababa de confundilo con seu pai, finado tres anos atrás.

Cando logo nolo contaba, dicía el que ninguén pode fuxir de ser quen é, xa sexa porque lle deu por usar gorras como as que usaba seu pai, ou simplemente por ser froito dunha herdanza de xenes que se van transmitindo como as leiras das patacas, sen necesidade de papel escrito ante notario. Que todos herdamos, con maior ou menor intensidade, a cor dos ollos e a forma da cara dos nosos proxenitores, xa o sabiamos e non nos é difícil recoñecer de quen vén sendo algún cativo con quen nos cruzamos pola rúa simplemente véndolle a forma do nariz ou as maneiras de andar. ¿E a quen non lle dixeron que se parecía ou era como o pai, a nai ou os avós, coma quen os fixo, os pariu ou os cuspiu?. Din as malas linguas que precisamente esa lei da natureza fai que os moldes se repitan para vergoña de pais desatentos e fillos ventureiros, ata facer certa esa máxima de «nas orellas ou nos pés has semellar a quen es», como unha denuncia permanente da paternidade, para sinalar co dedo acusador a filiación de cada quen desde moito antes de que se admitise iso do ADN como proba legal.

Seguro que todos coñecemos casos que ben poden servir de exemplo e non son pura casualidade. E a pesares de que sempre se fala deses trazos de identidade, do que se ve ou aprecia, a herdanza tamén vai polo camiño das emocións, os medos ou os gustos dos nosos antepasados, transmitidos xeración tras xeración como se transmite o pelo rizo ou as grellas lisas.

Agora, algúns psicólogos amplían eses marcadores hereditarios a niveis de conduta, e amosan como a depresión ou a facilidade para a diversión se transmite de pais a fillos ou de avós a netos aínda en casos nos que a relación entre eles non sexa moi constante, e a pesares do esforzo que fai a sociedade, a escola ou a parroquia tratando de modelar o noso comportamento. Pero o que cada un arrastra consigo non é doado de evitar, e así vemos como se repiten patróns de conduta nas distintas xeracións dunha familia. E por iso se fai interesante o coñecemento da historia familiar, para saber a que aternos, que habemos de evitar ou que debemos potenciar na nosa maneira de ser.

5 comentarios en “Como vimos sendo

  1. Menos mal que el “progenitor” de la historia de Carmen era de origen desconocido. Sin embargo, la de ¡Adiós padre! Adiós padre! de Magdalena… Menudo el curita¡¡¡

  2. Elementos enviados

    Francisco: No cabe duda que la genética no engaña.- Como tu bien dices: “Ou nas mans ou nos pés, as de tirar a quen es”. -Lo decían nuestros abuelos; tanto en galego, como en castelán.- Luego, la consabida pregunta a todo aquel joven que veían delante: – ¿E quen es ti?- ¿Non serás o fillo de … ? E por mor da semellanza, adoitaban saber que era o fillo de Antonio e Manuela.
    Dicen que lo bueno, y no tan bueno, es hereditario. Y si encima la tesis de la psicóloga francesa resulta cierta; pudiendo perpetuar los traumas durante siete generaciones…ya me contaréis. -Esperemos que esto no suceda, aunque los traumas existirán siempre en mayor o menor grado. Es GENÉTICO; xa seu pai, a sua nai, e tamén o seu avó…
    Muy bueno tu artículo.
    Mis saludos desde Palmeira.

  3. Querido Francisco:
    Por lo que leo en tu artículo, la historia se repite… Algo parecido a lo que cuentas -mucho peor; porque mi despiste ocurrió delante de un grupo de amigos y el muchacho no encajó nada bien que lo confundiese con su padre- me ocurrió en unas vacaciones de verano en Palmeira. Menos mal que logré salir del atolladero lo mejor que pude, a pesar de las risas de alguno.
    Hace poco, releyendo a Wenceslao Fernández Flórez, di con un cuento corto, “Tribulaciones de un mal fisonomista”; y puedo asegurarte que tiene razón el protagonista cuando afirma que este defecto -olvidar una cara- es el que causa más antipatías y conflictos. Y más infortunio para el despistado… (Que me lo digan a mí, que no hay tipo de despiste por el que no haya pasado y ninguno me produjo un daño moral tan grande como el de olvidar una fisonomía).
    Espero que no resulte cierta la tesis de la psicóloga francesa en cuanto a la genética familiar; aunque en el caso de Hemingway -por citar un ejemplo-, además de él, se hayan suicidado: su padre, su hermano, su hermana y una hija. Y hasta es posible que olvide algún otro de la rama familiar.
    Esta Magdalena “é o demo”: es de agradecer que me mencione en su simpático comentario a tu artículo; pero no es cuestión de narrar de nuevo cómo sucedió el percance.
    La historia del cura de pelo azafranado me trae a la memoria otro suceso que me ocurrió con un hijo “ventureiro” y el parecido con su padre. El progenitor, por supuesto, era de “origen desconocido”. En este caso, más que despiste, se trataba de desconocimiento de los hechos. Por suerte, no se trataba de un cura…
    Felices sueños.

  4. Buenos días, querido Francisco:
    El equívoco de la vecina confundiendo a Xulio con su progenitor es un caso idéntico a lo que le ha ocurrido a nuestra querida Mari Carmen con otro vecino de Palmeira, pero aquí dejo el “caso abierto” para que la protagonista se haga eco. Te lo contará ella mucho mejor que yo.
    Referente a los parecidos, recuerdo aquél episodio que contaba Juan Eslava cuando nos recordaba que en un pueblo llamado Villar del Jándula, desde que había llegado un párroco de pelo azafranado habían nacido muchos niños pelirrojos. Cuando lo trasladaron de parroquia, tras un decenio de fecundo apostolado, acudieron los niños de las escuelas a despedirlo:
    - ¡ Adiós, padre ! ¡ Adiós, padre ! – coreaban agitando banderitas. Y, él, desde la ventanilla del autobús, con lágrimas en los ojos, comentaba:
    - De todos, no; pero de bastantes, sí.

    Querido Francisco, que tengas un buen día y, besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>