O tempo invisible

Reloj_de_arena_mostaza_1_1024x1024Mauricia Ces Quintáns. Ninguén mellor para adicarse á escrita. Ninguén mellor, para perder o tempo tentando escribir. Non o teño. O tempo tenme a min e non sabe que facer comigo. Non controlo o mecanismo. As horas sucédense iguais ata desaparecer fulminadas pola escuridade. Evapóranse. Como o orballo que deixa a chuvia tras de si. Sen rastro nin pegada do seu paso nalgunha gota extraviada no pétalo dunha mimosa que agroma feliz os seus ollos ao sol.

Se fose quen de controlar o tempo podería talvez controlar a vida. Sería a dona da maquinaria que pon en marcha e dirixe o meu propio destino. Exacto. Como cada nanosegundo da vida.

Mentres, agardo que o tempo dos demais se consuma. Camiño en paralelos. Onde a nada existe. Invisible. Unha nota no taboleiro musical que non soa. Un sostido insonoro que agarda unha man de neve que veña arrincala. Unha margarida: agora necesito de ti, agora non; agora si, agora non …

A contra reloxo esgótase o tempo. O tempo do meu tempo diríxese inexorable cara á fin sen que eu teña existido. Unha existencia fóra do tempo, transparente, baleira. Un verme no espazo.

E ao final, morren todos. Aínda por riba.

Desaparece nos caracteres cuadriculados dunha folla branca e baleira, con espazos incluídos, esborranchados con lura na súa tinta.

imagesDe súpeto, esa man de neve toca a corda da arpa, e soan as campás a defunto. Entón o tempo cobra vida. Realízase a consunción dun tempo paralelo: unha amizade, un veciño. Actívase a maquinaria e debo compartir a inexistencia acompañando as familias, que son as miñas, os meus. Acudir ao tanatorio para presentar os respectos, asistir ás honras fúnebres.

De súpeto, outra vez, de seguido, mentres penso nisto, soa o timbre. Abrirei, non abrirei; será unha rosa, será un caravel… O tempo precipítase. Os segundos amontóanse freneticamente nun espazo minúsculo, sen tempo de reacción, sen tregua, sen pedir permiso. E pago a cota para a festa da Virxe dos desamparados.

Serán abondo 30 €? Ben o merece esta Virxe. Os músicos, por moi etéreas que soen as baladas, non viven do ar. E mentres hai festa, hai alegría. E convivimos a un tempo, os mortos e os vivos, as risas e os choros, o tempo e a vida.

E ese tempo, que hai horas parecía detido e inalterable, móvese e arrástrame na súa voracidade.

Vai ser que ao final, un pouco, existo. E o tempo diríxeme. Aínda que iso si, co meu selo persoal (non me gabo) : chegarei tarde aos sitios.

4 comentarios en “O tempo invisible

  1. Ola Naty. Grazas. Ágora mesmo, quixera detelo, alteralo EU á niña comenencia. Non podo. Entendo o dos reloxos. EU estou colgada das manecillas facendo forza para paralas. Seguirán. E o seu traballo. So agardo que actúe ao meu favor e me procure un resultado positivo, so, un pouco máis. Un ser moi querido está loitando contra o seu tempo. Moitas apertas, querida Naty. Axudastesme.

  2. Mauricia: Tu narrativa es de una gran realidad; es la esencia de la vida misma. Precisamente ese tiempo que no “palpamos” pero que de alguna manera sentimos…, es el que se encarga de dirigirnos aunque nosotros, en ocasiones, queramos someterlo, adaptarlo a nuestros propios intereses. Recuerdo-en mi niñez-, parar los relojes de casa por si el tiempo se detenía. Resultado vano e inútil porque el tiempo, siempre implacable, no se detuvo, siguió su curso. Por eso como tú bien dices: “o tempo e a vida”. Disfrutemos, pues, mientras el reloj biológico no se pare; que la vida es maravillosa sabiendo sacarle lo realmente bello.
    Me gustó.
    Mis saludos.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>