Cus de mal asento

Roland_Barthes__La_mort_de_lauteurFidel Vidal. Segundo Barthes “o escritor moderno nace ao mesmo tempo que o seu texto; non está provisto en absoluto dun ser que preceda ou exceda a súa escritura, non é en absoluto o suxeito cuxo predicado sería o libro; non existe outro tempo que o da enunciación, e todo texto está escrito eternamente aquí e agora” (Roland Barthes, A morte do autor). O tempo do texto unicamente se pode acertar se vai axustado ao lugar que o describe, e este lugar será o centro: un tempo centrado nas palabras. Aí está Hamm para amosárnolo coa imposibilidade de dar con el, porque sabemos que se trata dun imposible ou, o que é o mesmo, dun sitio imaxinario a escoller: o centro son eu. Estamos a falar dos cus de mal asento.

HAMM: Que che parece! Colócame no centro.

CLOV: Vou buscar o centímetro.

HAMM: A ollo! A ollo! (Clov apenas move a cadeira). Xusto no centro.

CLOV: Aquí. (Pausa)

HAMM: Sinto que estou demasiado á esquerda (Clov apenas move a cadeira. Pausa.) Agora noto que estou demasiado á dereita (O mesmo.) Sinto que estou moi botado para adiante (O mesmo.) Agora que estou demasiado para atrás (O mesmo.) Non quedes aí (detrás da cadeira), dásme medo.

Hamm é o único que permanece sentando, é o catedrático, aquel con dereito a cadeira, mesmo a cadeira de brazos con rodas. Cadeira, de orixe incerto, con raíces do latín cathedra e este do grego katedra. Así mesmo “silla” de “sella”, é unha contracción de “sedula”, e esta de sedes, asento, do verbo “sedere” (sentarse). Xustamente o termo “catedrático” significa “o que se pode sentar”.

CLOV: Non podo sentar.

HAMM: Cada un na súa especialidade.

920x920Antes de lle pedir a Clov que se desfaga dos pais cotrosos (“Leva de aquí este lixo! Chímpao no mar!”) Hamm -moi shakesperiano el- exclama: “O meu reino por un cotroso!” O sedentario oficial quere percorrer o mundo sentado nunha cadeira de rodas e o canso de andar dun lado para outro, de subir e baixar a escaleira, desexa sentar, descansar, pero non pode. A posición si importa. Asentar(se) nun estatus. Non é o mesmo subir ao podio que ficar a ras do chan. Nin deterse que deitarse. O principal, Hamm, ten dereito ao asento, o único con dereitos, e o único posible, a causa da invalidez. Unha (in)validez que vale como pase ao dereito de cadeira, a pousar as pousadeiras no trono e, polo mesmo -e por estar rodeado doutros residuos humanos-, un esaxerado medo a perdelo.

HAMM: (…) Un día dirás: estou canso, vou sentar e sentaraste (…)

CLOV: Esqueces algo.

HAMM: Ah!

CLOV: Non me podo sentar.

HAMM (impaciente): Bo, deitaraste; mira ti que problema. Ou simplemente ficarás quieto, deteraste, permanecerás de pé como agora. Un día dirás, Estou canso, vou determe. Que importa a posición!

4 comentarios en “Cus de mal asento

  1. Querido Fidel:
    Para mis entendederas una obra no pertenece por completo al autor ni siquiera antes de llegar al lector. Lo que uno escribe no puede ser nunca original del todo -tal vez lo sea la manera de expresarlo, aunque creo que ni eso…-, porque siempre habría algo que tomase del entorno, aun sin acudir a la lectura de otros autores. Y ya no digamos cuando esa obra es interpretada por infinidad de lectores… Entonces sí que desaparece por completo la identidad del autor. O tal vez haya encontrado lo que pretendía: que su obra dé lugar a debate, ya que existirán tantas interpretaciones como lectores. Y aún más, puesto que un mismo lector puede cambiar de opinión al releer el libro. Por lo tanto, la muerte del autor sólo existe en sentido figurado, como metáfora. (¡Qué lío me estoy organizando!)
    No he leído a Roland Barthes y no me siento capacitada para opinar sobre el tema ni creo que lo estuviese aun habiéndolo leído: me figuro que el sujeto se refiere al autor de la obra, al tiempo que deja de serlo en beneficio de la misma. Pero no acabo de situar a Hamm y a Clov en el papel que le corresponde a cada uno: cuál es el sujeto y cuál el predicado. Está claro que Hamm se aferra a su invalidez con tal de mantener el estatus; pero el temor de que Clov tome las riendas reduce su condición de mando. En todo caso los colocaría a una distancia equidistante. Para ello le pediría a José Manuel que me echase una mano.
    Pues sí que da para mucho la obra de Beckett. Es evidente que sabes exprimirla al máximo.
    Se me ha hecho un poco tarde; porque, mientras Magdalena se cultiva leyendo y tiene respuesta acertada para lo que le echen, yo me he quedado en la tele viendo un programa musical que me tiene atrapada.
    Felices sueños.

    1. Non me importa repetir, miña prezada Carmen, o que xa teño advertido noutras entradas. É un gozo ler as túas aportacións polo que engaden ao texto de forma tan precisa, e ao que dan claridade. Para ben, nótase a túa magnífica veta docente. E despois dis que non te ves capacitada para opinar sobre o tema, e que non liches a Barthes. Iso chámase humildade.
      Co meu sincero agradecemento, saúde e forte aperta.

  2. Querido Fidel, no sabes cuánto me he reído al leerle tu artículo a J.M. Te explico: Hoy, como el día no invitaba a otra cosa, nos hemos levantado más tarde que de costumbre y en la postura horizontal del tálamo, cogí el móvil de la mesita de noche y busqué a Barbantia como cada día para saber quien me endulzaba la mañana. Como tengo “mono” de narradora le leí a mi cónyuge, como habitualmente lo hago, la pertinente entrada.
    Antes de explicarte el motivo de mi hilaridad te diré – no sé si lo sabes – que J.M. es carpintero, y en cuestión de medidas donde pone el ojo pone la bala. Él, con mirar para el lugar donde debe ejecutar cierto trabajo, no necesita de cinta métrica, sabe por el hueco, si hay quince, o dieciséis centímetros y medio, y lo clava, siempre acierta.
    Al llegar a lo de Hamm y Clov, le miré, y sonriendo le dije: Contigo ese culo de mal asiento no podría tomarte el pelo,porque seguro que el poto que está en medio de sus asentaderas quedaría fijado en el núcleo de la silla. Y él me contestó: No lo dudes, para eso, uno es cirujano de la madera.
    Y esa fue la anécdota, querido Fidel.
    Tu entrada, genial como siempre, y hoy, nos ha hecho disfrutar más que nunca.
    Voy a echar un vistazo a la nueva estantería que me está haciendo, igual necesita de una mano que le entregue el bisturí o escalpelo para la nueva “operación anaquel”.
    Besiños palmeiráns.
    Y después… YO HAGO YOGA HOY.

    1. Miña moi atenta e atendida Magdalena:
      Tes boa sorte contando cun home como JM, a maiores, carpinteiro. Os meus coñecementos sobre os carpinteiros -por non mentar os ebanistas e descontando un meu tio que o foi-, trasládanme a unha descrición, talvez equivicada, que me fixen deles. Cos que topei eran, sen caeren no obesivo, persoas con tendencia ao perfeccionismo, pulcras, exactas. Pero o máis sorprendente, por tráxico, foi a mala sorte de dous deles que perderan algún dedo da man esquerda, un o índice, e o segundo, índice e polgar. E non durante o periodo de aprendizaxe senón -así o dixeron- “por ir de sobrados”, cando xa eran ben veteranos.
      Envexo e admiro as artes e os oficios de taller, aqueles nos que ao rematar a xornada, hai que colocar cada cousa no seu sitio, varrer, limpar, deixalo listo para o día seguinte.
      E o lugar do medio e medio das posadeiras queda aí, exactamente no mesmo sitio no que todos pensamos. Ou non? Saúde e fagamos ioga, para os agoiros, amor, pedindo perdón por anticipado: SI, AMOR, IOGA, AGOIRO MAIS.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>