Roubos sacrílegos

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Nestes tempos que corren, nin para crentes nin para curiosos, nin para amantes da arte nin para turistas entusiastas están abertas as igrexas, a non ser nesa hora escasa en que hai algún oficio, cando todo forasteiro é vixiado de preto pola veciñanza e está mal visto andar a sacar fotos mentres toda a parroquia está coas mans levantadas. As igrexas pasan a maioría do tempo pechadas porque non hai quen as atenda, e nesa desatención fan o seu botín os ladrón de arte sacro e os caixeiros que limpan a boeta ou o peto das ánimas.

Seguro que foi por medo a que eu fose algún deses rateiros do sacro, polo que en certa ocasión, ó entrar nunha igrexa co meu macuto de explorador, o caderno de campo e a cámara fotográfica, veu detrás de min unha señora preguntándome insistentemente e con cara de poucos amigos polo que levaba na bolsa, mentres eu ficaba embelesado cara a unha santa agarrada a unha cruz máis grande ca ela. Facía moi ben a mulleriña, porque á fin, o que hai dentro dunha igrexa é dos fregueses, algo que non entende de moi boa gana unha boa parte da curia.

Pero se de arrampladores de bens eclesiásticos se trata, aí está ese cura de Ribadeo, que coa desculpa de levar as pezas a restaurar fixo desaparecer cruces, imaxes, vasos sagrados e todo o que tivese un mínimo de valor nas igrexas que rexentou, mentres presumía de luxos que pouco teñen que ver coa caridade cristiá nin con ningunha outra. E aínda se defende acusando ó bispado por despreocupado e ós sancristáns que lle tocaron por ser uns miñaxoias. Este si que non ten a desculpa do Beato de Herbón, pois aquí non hai ningún Mendizábal ameazando con retirarlle o patrimonio improdutivo á Igrexa nin obrigando a facer inventario de valores para cobrar logo o IBI ou o que cadre.

Pero se de arramplar cos bens de todos queredes falar, preguntádelle ós veciños de Palmeira polo famoso Viril que se fixo coa xoias doadas polos fregueses tras a Guerra e da noite para a mañá desapareceu e foi substituído por unha mala réplica.

Un comentario en “Roubos sacrílegos

  1. Supongo que habrás leído el buenísimo libro “O anxo negro” de nuestro vecino Manuel Gago. De no ser así, te lo recomiendo. Seguramente nuestro desaparecido Viril llegó a manos de los mismos que hicieron desaparecer a santa Mariña, la protagonista de la citada novela.
    Recuerdo también un relato corto de un cura que se dedicaba a ir por los pueblos a comprar muebles antiguos haciéndole un favor al dueño de los mismos, porque se los quitaba de en medio y el muy caritativo tonsurado le regalaba uno nuevo de chapa de formica. Un día se encontró con un mueble “Chippendale”. No podía creérselo, le dijo a los dueños que con aquella cómoda que tanto le ocupaba en la habitación, él, podría calentarse parte del invierno. Los piadosos dueños le regalaron al friolero cura el mueble del siglo dieciocho desconociendo, claro está, su valía.
    Al día siguiente llegó el cura para recoger el mueble del famoso diseñador Thomas Chippendale y los caritativos viejecitos le habían hecho el favor completo: habían cortado a hachazos la incómoda cómoda para que el pobre sacerdote no pasase incomodidades.
    Besiños palmeiráns, querido Francisco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *